Leonardo e os fontaneiros

 Os discentes de 1° e 2° da ESO asistiron, ao Auditorio de Ribeira, á representación teatral da obra: Leonardo e os fontaneiros, da autora á que se adica este ano o día das Letras Galegas; María Victoria Moreno.

IMG_20180411_110138_814

        Deste xeito, os alumnos e alumnas da Milagrosa puideron acercarse máis á lectura da obra, vendo representadas as imaxes da mesma e, porén, despertando o xuízo crítico á hora de comparar dous medios diferentes de transmitir a información.
IMG_20180411_113451_113IMG_20180411_113505_422

PEQUENOS MAGOS EN ACCIÓN 

Tras unha sesión de autocine na que puidemos disfrutar do visionado da película «A pedra filosofal»,  participamos nunha serie de actividades que nos axudaron a coñecer un pouco máis do mundo máxico de Harry Potter.
DSC_1223
Toda a clase participou na realización dun pequeno dicionario que nos permitiu coñecer novos vocablos empregados nesta saga.
DSC_1213
Ademais, esta semana, puidemos levar a cabo unha clase de Herboloxía, na que grazas ás nosas compañeiras de 1º e 2º de ESO, trasplantamos unhas mandrágoras moi orixinais.
DSC_1409DSC_1407DSC_1410

TRABALLANDO CON ARDUINO

Os alumnos de 3º da ESO remataron o proxecto de simulación do funcionamento de semáforos de peóns e automóbiles. Utilizaron para esta tarefa o microcontrolador ARDUINO, que foi programado no entorno VISUALINO.

AA43F4B3-49AF-4410-9829-46378C24FA9A

Neste proxecto os alumnos achegáronse  aos fundamento básicos da programación de microcontroladores mediante entornos sinxelos e decatáronse das enormes posibilidades que ofrecen este tipo de placas.

16224308-9DD4-4B3F-AF71-C49AA99C1F68

Día do Pai

Que sorpresa levou papá cos agasallos que elaboramos no cole. Quixemos agradecerlle neste día todo o cariño e coidados que nos dá ao longo do ano.

unnamed
Os nen@s de 1º EP fixemos un vaciapetos onde papá poderá deixar as súas cousas.

4
Os de 2º EP construímos un tres en raia co que compartiremos momentos de xogo con papá.

12

Porque:

Da túa man vou aprender
o que mañá vou a ser.

“A pedra filosofal”

PRIMEIRO OBXECTIVO, ACADADO!
Chegamos a un punto importante no noso proxecto. Por fin rematamos o noso primeiro libro da saga, «A pedra filosofal», e como non podía ser doutro xeito, cada un recibiu un diploma polo logro acadado.
Segunda parada, A cámara secreta!!

D3BC6058-BA94-403C-BEA5-22913831695F66911065-66FA-44E1-9EB7-57FF39488605

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.