Recoramos que os vindeiros días 17 e 18 de maio de 2018 , non serán lectivos. O 18 de maio foi o día solicitado polo Centro no comezo do curso, e autorizado pola Consellería, tal como recolle o calendario escolar do curso 2017-18.
LISTAXE DEFINITIVA ADMISIÓN 2018-19
Xa se pode consultar a listaxe definitiva de admitidos para o curso 2018-19 no apartado ADMISIÓN ALUMNOS
Traballando o cómic na aula
23 de Abril
As plantas ( 2º E.P)
Astronomía e Robótica na Feira de Educación
Contacontos na Feira de Educación
O pasado xoves 19 de abril e dentro da Feira da Educación, os alumnos do 1º ciclo da Primaria disfrutaron dunha sesión de contacontos no Auditorio Municipal chamada: «Pan e Chocolate». Desfrutaron dun conto que tiña como tema o amor e a igualdade. Foi moi ameno, xa que foron partícipes da sesión en diferentes momentos.
Visita ao Museo Etnográfico de Artes
O pasado mércores 18 de abril, os alumnos de 1º e 2º ciclo da Primaria visitaron o Museo Etnográfico de Artes, onde coa axuda de María e as mestras viaxaron ao pasado, vendo as diferentes salas que o museo ten adicadas aos oficios propios da zona. Alí experimentaron de primeira man como se facía o viño ou como vivían os seus antergos.
Ao rematar a visita disfrutaron do parque que está ao carón con xogos tradicionais coma o pilla-pilla ou o escondite.