Grazas ao CIM pola oferta que nos fixo a 4º da ESO para poder desfrutar do espectáculo «Vestido de voda», participar no foro así coma cambiar a proposta da obra.
Todos temos algo que dicir e facer contra a violecia de xénero.
A nosa compañeira Irene participou no guión e posta en escena dunha das propostas, foi moi aplaudida.
O magosto
Tarde de convivencia arredor dun magosto.
Os alumn@s da ESO foron os encargados de organizar os xogos tradicionais para os alumn@s de E.I. e E.P. ; acompañaron aos máis pequenos ata a horta onde se converteron en pequenos titores por unha xornada.
Os alumn@s de 4º da E.S.O. acompañados da profe Olalla asaron e repartiron deliciosas castañas para endulzar unha boa tarde.
Grazas a todos por participar e colaborar .
English assistant
O auxiliar de conversa este ano vén de Connecticut, EEUU. Chegou ao noso centro o 22 de outubro e estará connosco ata finalizar o curso.
Alexander, servirá de apoio á lingua estranxeira e aquelas actividades que utilicen esta lingua, dende a E.Infantil ata 4º da ESO; asimesmo encargarase de impartir unha hora de conversa durante a hora complementaria.
Welcome, Alex!
HALLOWEEN NON SÓ NA ASIGNATURA DE INGLÉS
Collendo o ritmo a 2º de Primaria
Feliz día de todos os santos!!
Halloween en Hogwarts ?
DÍAS NON LECTIVOS
Lembramos que o vindeiro 2 de novembro e o 7 de decembro (día do ensino), non serán lectivos.