MATEMÁTICAS NO PATIO
Os alumnos de 4º da ESO disfrutaron no patio medindo a altura das distintas instalacións do cole.


Empregaron un inclinómetro feito por eles, e despois da toma de medidas, fixeron os cálculos correspondentes para poner en práctica os conceptos aprendidos no tema de trigonometría. Un bo exemplo de traballo cooperativo, e de ver o lado lúdico das mates…..

Aprendemos inglés xogando
O noso native teacher, Alex, cada semana realiza actividades nas súas clases cunha finalidade comunicativa e estimulante. Actividades que están pensadas para ir consolidando e ampliando os contidos e obxectivos de cada curso. No seu método non se fai nada porque sí; todo ten a súa razón de ser! Estas dúas primeiras semanas de febreiro @s nen@s do primeiro ciclo da primaria tiveron as clases de speaking adicadas aos xogos no patio do colexio. Cada actividade tiña relación co vocabulario dos temas que se dan nas clases de Inglés.
Así @s nen@s aprenden inglés dunha forma divertida e amena. Este tipo de actividades son de gran axuda para interiorizar os coñecementos lingüísticos que adquiren na clase de Lingua Inglesa.
Día do bocadillo solidario
O pasado xoves 14 de febreiro, desfrutamos un ano máis co día do bocadillo solidario, onde o alumnado dende 3º de primaria ata 4º de ESO colaborou con esta campaña de Mans Unidas: “Cremos na igualdade e na dignidade das persoas”.
Grazas ó fabuloso tempo que nos acompañou, puidemos saír do cole ata o Dolmen de Axeitos, onde desfrutamos do bocadillo en sintonía coa natureza. Pasárono en grande!
San Valentín
SAN VALENTÍN
AS EMOCIÓNS NA AULA
AFONDANDO NA ETNOMUSICOLOXÍA
CONCERTO NA AULA
Teatro en inglés e visita ás minas de San Finx
O alumnado de 1° e 2° da ESO, un ano máis, puideron disfrutar da visualización dunha obra de teatro en inglés no Palacio de Congresos en Santiago de Compostela.
Finalizaron a saída cultural coa visita guiada ao museo das Minas de San Finx onde puideron poñer en práctica aspectos aprendidos ao longo do curso.































