Día do bocadillo solidario

PHOTO-2019-02-16-10-32-42

O pasado xoves 14 de febreiro, desfrutamos un ano máis co día do bocadillo solidario, onde o alumnado dende 3º de primaria ata 4º de ESO colaborou con esta campaña de Mans Unidas: “Cremos na igualdade e na dignidade das persoas”.

21

Grazas ó fabuloso tempo que nos acompañou, puidemos saír do cole ata o Dolmen de Axeitos, onde desfrutamos do bocadillo en sintonía coa natureza. Pasárono en grande!

3

San Valentín

IMG_20190214_175457_518
Este ano o alumnado de secundaria, polo día dos namorados, tivo a ocasión de participar no primeiro concurso de tarxetas de San Valentín que realizou o centro. A calidade das mesmas foi tan boa que o xurado tivo moi difícil a elección das tres gañadoras.
Moitas felicidades a todos os alumnos que participaron neste concurso!!
Tod@s merecían ganar!!!
IMG_20190215_171131_141IMG_20190215_171118_671

SAN VALENTÍN 

 

DSC_0396
Os alumnos de 4º disfrutamos dunha xornada diferente celebrando o día de San Valentín.
Tras un sorteo aleatorio a través dunha aplicación, puidemos saber a que compañeiro lle iamos adicar un día especial.
Para rematar a xornada, escribimos as nosas tarxetas de felicitación e fixemos entrega delas.
DSC_0394
DSC_0398
Foi toda unha sorpresa poder recibir ese pequeno agasallo!

AS EMOCIÓNS NA AULA

 

DSC_0367    DSC_0363
Ao longo deste mes, os rapaces de 4º levaron a cabo unha rutina de saúdos, co obxectivo de mellorar as relacións persoais e fortalecer os vínculos entre os diferentes membros.
Cada mañá, un neno era responsable de recibir aos seus compañeiros na aula.
Estes, ao chegar xunto o alumn@ responsable, elexían o modo en que o ían saudar: cun abrazo, un choque de mans, de puños, ou chocando os cinco.
A verdade é que estaban impacientes porque chegase a súa quenda, e iso axudáballes a comezar o día con moita máis ilusión.
DSC_0242
DSC_0331

AFONDANDO NA ETNOMUSICOLOXÍA

 

DSC_0325 DSC_0324
Os rapaces de segundo da ESO levamos varias sesións traballando a organaloxía musical.
Analizamos o timbre, as características e a clasificación dos diferentes instrumentos.
A través do visionado de distintas obras puidemos ver como cohesionaban co resto da orquestra.
_20190126_154205DSC_0317
Pero máis sorprendente foi descubrir aqueles instrumentos propios doutras culturas, e traballar a etnomusicoloxía dos diferentes continentes.
Puideron observar e experimentar con instrumentos procedentes de México, Tailandia e incluso África.
Perderon o medo e animáronse a sacarlle algunha nota aos instrumentos.
DSC_0318DSC_0320

CONCERTO NA AULA 

 

DSC_0372DSC_0370
Os alumnos de segundo seguimos disfrutando de clases diferentes.
Esta semana, e aproveitando que estábamos traballando os aerófonos de vento madeira, puidemos presenciar un concerto en directo.
Grazas á colaboración de Alexandra, que nos deleitou cun Estudo clásico e con varias bandas sonoras moi coñecidas, como «A guerra das galaxias» ou «Mary Poppins», puidemos beneficiarnos da experiencia de escoitar música en directo.

Día da Paz

IMG-20190206-WA0001[1] (1)

Ilusión, respecto, bicos, humildade, diálogo, empatía, perdón… Son algúns dos ingredientes da receita para conseguir a paz que, simbolicamente, os alumnos do Colexio compartían no día do 30 de xaneiro: o día Escolar da Non Violencia e a Paz. Un día cargado de simbolismo e que serviu como colofón final ao traballo que dende había semanas se estaba levando a cabo coas titorías, amosando a importancia da Paz.  Un tempo de preparación para esta xornada que serviu para captar a mensaxe de non violencia e coñecer de cerca o gran valor e o significado da palabra PAZ.IMG_20190130_162012

IMG_20190130_163306

No acto  de cada etapa,  unha cociñeira mesturaba e remexía os ingredientes, que cada un dos alumnos poñían na pota. Para logo cociñalos a lume lento  no  forno do corazón, onde saiu un irresistible biscoito da Paz .O acto incluíu tamén a lectura dun manifesto e a interpretación dunha canción por parte de alumnos e profesorado: «RECEITA DE PAZ» ou «SOMOS» dependendo da Etapa.

IMG-20190206-WA0003[1]

 Así mesmo tamén se entregaron os diplomas aos campións e subampións  da Liga da Paz dos ciclos da Primaria e da ESO.

IMG-20190205-WA0001[1]

CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS

 

    Os profesores e PAS do colexio recibimos un curso sobre a reanimación cardiopulmonar para que poidamos actuar de forma eficaz ante un problema ou accidente. Por iso é tan importante saber que facer, antes da chegada da ambulancia.

        O pasado martes 22, o equipo docente xunto as PAS do colexio, fomos formados en técnicas de reanimación por fallo cardiopulmonar pola doutora do servizo de urxencias  do Hospital do Barbanza:Pilar Teijeiro.

  O curso empezou cun PowerPoint  coa información teórica de cómo se debe  identificar e reanimar, para seguir coa parte onde máis se aprende, a práctica. Consiste en facer a reanimación a un boneco coa axuda de mascarillas.

        O fallo cardiopulmonar, é unha afección que pode producirse a calquera idade, e desta forma, os  nosos docentes poderán dispoñer de coñecementos básicos na reanimación ata que chegue o persoal médico especializado, podendo así salvar a vida do alumno.

IMG_9034IMG_9033

Campo a través Intercomarcal

Marta

O pasado día 25 de xaneiro tivo lugar a fase intercomarcal da carreira de campo a través, en Porto do Son. Alí o noso cole tivo unha formidable representación da man de Marta Muñiz, alumna de 3º de primaria e María Muñiz e Telmo Reino de 5º de primaria. Os tres lograron unha moi boa marca, chegando incluso Marta a clasificarse para o campionato provincial en Noia. Darlle a noraboa tanto ós nosos alumnos coma ó resto de participantes por desfrutar dunha xornada de deporte ó aire libre e cun moi bo ambiente.

TelmoMaría

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.