Como cada ano o Equipo de Pastoral organiza o concurso de postais de Nadal. Unha mostra das gañadoras coas que se felicitou a todas as familias.

Os alumnos do 3º ciclo de primaria visitan o Museo de Historia Natural e coñecen de primeira man as numerosas coleccións botánicas, zoolóxicas e xeolóxicas que alí se atopan, así como a reprodución de diferentes ecosistemas.
No Museo do Pobo Galego a través dun xogo de pistas foron descubrindo o modo de vida e as manifestaciòns culturais dos habitantes da nosa terra.
Un ano mais os alumnos dende 3º a 6º primaria tiveron a oportunidade de asistir a unha función moi especial: a obra de teatro «My Funny Frankenstein», unha versión cómica e moderna do clásico de Mary Shelley que non deixou a ninguén indiferente. Sen dúbida, unha obra recomendada para gozar en grupo e pasar un intre inesquecible.
Al longo desta semana o noso centro estivo presidido por dúas mulleres, a Virxen Milagrosa e S. Catalina Labouré, dous modelos a seguir para nós que formamos parte da familia vicenciana
As tres etapas achegáronse á capela do colexio para as diferentes celebracións, culminando cunha xornada de inchables e xogos.
Benvidos a un novo curso escolar! Este ano, máis que nunca, queremos destacar a importancia dun valor fundamental: a paciencia. Nun mundo que se move a un ritmo frenético, aprender a agardar, a respectar os tempos dos demais e a perseverar ante as dificultades son leccións valiosas que queremos cultivar nas nosas aulas.
Sabemos que os primeiros días poden estar cheos de incertezas e emocións, pero é precisamente aquí onde a paciencia xoga un papel esencial. Non todo se resolve de inmediato, e as mellores aprendizaxes levan o seu tempo. Con calma e confianza, imos construíndo xuntos este camiño de descubrimentos e crecemento.
A todos, alumnos e familias, queremos lembrarvos que a paciencia non é só agardar, senón saber facelo con boa disposición e co corazón aberto. Que este curso sexa un tempo de aprendizaxe compartida, de respecto mutuo e, sobre todo, de moita alegría.
Imos xuntos, con paciencia e ilusión, cara a un ano cheo de posibilidades. Benvidos!
Despois de tres meses inactiva debido a un hackeo, a nosa web volve a estar operativa. Sentimos os inconvenientes causados e agradecemos a vosa paciencia. Traballaremos para ir actualizando a información.
Grazas polo apoio
Un ano máis poñemos fin a un curso cheo de actividades, sentimentos, emocións e algún que outro contratempo, pero sempre coa
intenciÓn de aprender e mellorar día a día.