- Desde o luns 16, e durante 14 días, o profesorado (de primaria e ESO) irá programando actividades das súas áreas a través da plataforma EDUCAMOS. Estas actividades estarán dispoñibles na casilla horaria correspondente ou a través do correo asignado á conta de usuario.
- As actividades propostas serán de repaso, non se avanzará en contidos novos.
- As familias que non teñen acceso a EDUCAMOS disporán dun acceso temporal no período que dure a suspensión das clases.
- O centro cargará en conta a metade do custo dos servizos de pago mensual: Comedor e hora extraescolar. Dende ACTIVA tamén nos informan de que no vindeiro mes recalcularán a cota para compensar a suspensión das clases.
AVISO SUSPENSIÓN CLASES
Comunicamos que se suspenden as actividades lectivas desde o vindeiro luns 16/03/20. Mañá, venres, será opcional a asistencia ás clases, pero o recomendable, segundo a información que nos trasladaron desde a Consellería, é que as familias non envíen aos alumnos ós centros educativos.
Neste periodo de inactividade escolar, informaremos da data a partires da cal se retomarán as clases, por medio da plataforma educativa e da web.
Co restablecemento da actividade lectiva, procederemos á modificación das datas dos exames da 2ª avaliación e, tamén, das novas sesións de avaliación.
Apelamos a responsabilidade individual polo ben de todos.
O centro seguirá aberto para tarefas administrativas (recollida de documentación de admisión de alumnos, certificados …)
ELAS.

Dende o centro queremos concienciar do papel que desenvolve a muller na sociedade de hoxe en día e para iso reunimos a mulleres de diferentes ámbitos laborais : sector pesqueiro,rama sanitaria e policía local e nacional.
Todas elas amósanse realizadas nos seus traballos que ao mesmo tempo compaxinan co de ama de casa, coidadora, mestra… Escoitamos de primeira man os atrancos cos que se atopan no día a día.



Dende aquí queremos agradecer a todas elas a súa colaboración porque sen “ELAS” non sería posible.
ADMISIÓN ALUMNADO 2020-21
Xa se pode consultar a información sobre o proceso de admisión para o vindeiro curso 2020-21 no apartado ADMISIÓN ALUMNOS.
Entroido na Milagrosa!

Velaquí deixamos unha recompilación do ben que o pasamos disfrazándonos no entroido do colexio que este ano contou coa presenza de un DJ animador.


Na galería de imaxes tendes a reportaxe completa.

SAVE THE CHILDREN
Un ano máis queremos dar as grazas ás familias e alumnos pola participación e colaboración na carreira solidaria. A recadación deste ano foi de 965€.

Entre todos facemos un mundo mellor.
Charla coa escritora Paloma González

A pasada semana o alumnado de 3º e 4º da ESO recibimos a visita de Paloma González, autora de João, Premio Alandar 2019 e que lemos este trimestre no Plan Lector.

A súa vida como escritora, en que se inspirou para escribir este libro ou que relación teñen con ela algúns dos personaxes, foron algunhas das dúbidas que nos resolveu amablemente nunha charla distendida. Ao remate, asinounos os nosos exemplares.

Moitas grazas por vir!
24 de febreiro: Día de Rosalía

Un ano máis o alumnado da ESO achegouse á obra da autora para conmemorar o seu aniversario. Versos, poemas e fotografías enchen as aulas e o corredores para lembrar a actualidade da súa poesía.

Feliz día de Rosalía!
Visita da autora Antía Yáñez
O 12 de febreiro o alumnado de 1° e 2° da ESO puido desfrutar dunha agradable charla da man da autora da obra «O misterio de Portomarín», libro do plan lector deste trimestre.

Moitas grazas á escritora polas súas verbas e polas rúbricas dedicadas aos alumnos.
APRENDEMOS XOGANDO
Os alumn@s de 1º e 2º de E.P acoden a aula de informática para repasar e reforzar os contidos na área de Science.




