EN MARCHA…..

Comenzamos un novo curso coa ledicia de sempre e cunha grande responsabilidade para esta nova situaciòn que nos toca vivir.O claustro aunou forzas para por en marchar a seguridade dos nosos alumnos . O valor da responsabilidade acompañaranos durante todo o curso para formar alumnos responsables para a vida.

FIN DE CURSO 2019-20
O pasado venres 10 de xullo, a comunidade educativa do centro reuniuse na capela para celebrar unha Eucaristia de final de curso e de Acción de Gracias.
Nela agradecemos todo o vivido ao longo do mesmo e dun xeito especial, a traxectoria de Domingo como director deste centro ao longo de 18 anos. Foi un curso cheo de traballo e esforzo, que fomos capaces de sacar adiante grazas á constancia de todos.
Queremos agradecer tanto a profesores como ás familias todo ese apoio. Non só ensinastes materias senón tamén a saber vivir circunstancias diferentes.
Feliz verán para tod@s!


LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS PRIMARIA
FONDO LIBROS PRIMARIA
Publicado no taboleiro do interior do colexio a listaxe definitiva de admitidos no fondo de libros de texto de primaria: 3º,4º,5º e 6º EP. Cada familia recibirá un correo electrónico na plataforma EDUCAMOS, coa información dos libros asignados. Estes libros serán entregados aos alumnos cando se inicie a xornada lectiva no mes de setembro.
FONDO LIBROS ESO
En setembro publicaranse as listaxes correspondentes ao fondo de libros dos alumnos da ESO xa que o reparto depende das devolucións dos alumnos con materias pendentes.
Según o artigo 13 bis da Orde do 12 de maio, as listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.
LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS PRIMARIA
FONDO LIBROS PRIMARIA
Publicado no taboleiro do interior do colexio a listaxe provisional de admitidos no fondo de libros de texto de primaria: 3º,4º,5º e 6º EP. Todas as solicitudes resultaron admitidas e o reparto de libros dependerá da renda per cápita familiar e das existencias do centro.
Antes do 15 de xullo publicarase a listaxe definitiva na que se indicarán os libros que lle corresponden a cada alumno.
FONDO LIBROS ESO
En setembro publicaranse as listaxes correspondentes ao fondo de libros dos alumnos da ESO xa que o reparto depende das devolucións dos alumnos con materias pendentes.
Según o artigo 13 bis da Orde do 12 de maio, as listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.
RECOLLIDA VALES AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
Os solicitantes de axudas e material escolar que cursen a etapa de primaria no vindeiro curso, xa poden pasar a recoller os vales para adquisición de libros (1º e 2º EP) e os vales correspondentes a material escolar de toda a etapa de primaria.
As datas e horas son as seguintes: MÉRCORES 8 E XOVES 9 DE 9:00 A 13:00
Lembramos que na recepción do centro será obrigatorio o uso da mascarilla e gardar a distancia de seguridade.
REMATE PRAZO AXUDAS-FONDO LIBROS
Lembramos que o vindeiro venres 19, remata o prazo para solicitar as axudas-fondo dos libros correspondentes ao curso 2020-21. https://www.milagrosaoleiros.com/ayudas-libros/
GRAZAS FAMILIAS!
Dende o Equipo de Pastoral e en nome de todo o claustro de profesores, queremos expresar o noso agradecemento ao alumnado e ás súas familias polas aportacións na proposta feita dende o Equipo de Pastoral da Provincia: «Xuntos con María».

Para nós é un pracer contar coa vosa presenza para colaborar na tarefa educativa que nos compete en conxunto, fortalecendo e aumentando a confianza mutua que é indispensable na acción formativa.
Desexamos expresarvos a nosa gratitude pola colaboración e cooperación que tiveron nesta actividade e en tantas das actividades que se propoñen dende o colexio. Grazas por crear proxectos orixinais e dar sempre unha resposta positiva. Todo isto fai que o noso alumnado se enriqueza desa participación xenerosa, altruísta e fenomenal das familias. Para ver as creacións dos vos@s fill@s e @ dos nen@ da Provincia España Norte podedes pinchar neste enlace:https://es.padlet.com/EquipoPastoralEN/rvha9x6odyco79mz
DÍA SEN TABACO
Estes son os carteis elaborados polos nosos alumnos de 3º da ESO, despois do traballo relacionado co Día sen Tabaco.



LISTAXE PROVISIONAL ADMISIÓN
Xa pode consultar á listaxe provisional de admisión (alumnos de novo ingreso) para o curso 2020/21 no link correspondente: ADMISIÓN ALUMNOS