Dende hoxe o cole volve estar ao completo coa chegada dos alumnos de 5º de E.I que estiveron gardando o protocolo como verdadeiros heroes. Recibímolos como se merecen??????

Dende hoxe o cole volve estar ao completo coa chegada dos alumnos de 5º de E.I que estiveron gardando o protocolo como verdadeiros heroes. Recibímolos como se merecen??????
Ao longo de tres días celebramos as Festas da Familia Vicenciana, a Virxe Milagrosa, Catarina Labouré e a Fundación das Fillas da Caridade. Por este motivo, reunímonos na capela celebrando varias Eucaristías cos alumnos da ESO, 4º ,5º e 6º da primaria.
En tódalas Eucaristías celebradas fíxose fincapé na importancia do regalo da medalla que nos regala María, e os alumnos pedíronlle a María, que nos dea a luz que precisamos para guialas nosas vidas.
O xoves 26 e o venres 27 de novembro, os cursos de infantil e de 1º a 4º da primaria, tivemos as celebracións pola festa da Virxe Milagrosa. Foron celebracións sinxelas, alegres e participativas. Foron encontros emotivos, xa que levaban tempo sen ir a capela xunto coas súas titoras.
Para os máis pequenos, 3 anos, foi toda unha novidade, xa que era a primeira vez que se acercaban á capela.
Con todas estas celebracións e eucaristías, honramos á nosa patroa e agradecémoslle que deixe deslizar sobre nós e o noso colexio os seus raios coas gracias solicitadas.
25 NOVEMBRO DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Hoxe aunamos forzas para dicir que frente á violencia de xénero sò cabe unha resposta “NON”.
Dende a etapa de E.I. ata a etapa da ESO os nosos alumnos tomaron conciencia da importancia de vivir sen medo, esforzándonos para ter unha convivencia sen conflictos.
Os barquiños de papel simbolizan o rumbo que temos que seguir para poder chegar a unha illa onde se albergan os nosos soños … como fixo Sira.
Os alumnos do derradeiro curso de primaria e os da etapa da ESO serán os encargados de concienciar a toda a comunidade educativa da importancia de seguir as normas contra a pandemia da COVID-19.
Todos os días na hora do recreo recordarán o que debemos facer baixo o lema “ Sentidiño na escola”.
A quen vai dirixido?
O alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que, de acordo coa Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2020/21:
1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.
2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:
a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.
A etapa de primaria comezou un proxecto educativo para a preparaciòn dos nosos/as alumnos/as en superheroes.
Este ano máis que nunca están demostrando as súas boas cualidades para facer fronte a toda situaciòn que se lles poña diante.
Terán que esforzarse en mellorar de forma individual e en grupo coa consecuciòn de puntos para toda a clase.
A cor laranxa invadiu corredores e aulas para festexar esta festa de orixe celta .
As historias , persoaxes e cancións de terror estiveron durante esta semana presentes nas nosas actividades.
Con motivo da festividade de Todos os Santos, o alumnado de educación primaria realizou unha tarefa de investigación para coñecer mellor ao santo ou santa do seu nome. Desta volta o alumnado de 5º e 6º atoparon fermosas imaxes e tamén o significado da simboloxía presente nelas.
Noraboa polo voso esforzo.
Alguna vez te sentiches invisible?
Alguna vez te sentiches pequeno? Indiferente?
Ao longo da semana dedicada á sensibilización co TDAH reflexionamos e lembramos que:
Cada neno é diferente
Cada neno é especial
Cada neno é único!
Por iso, continuaremos investigando as dimensión positivas das persoas para así descubrir Talentos Extraordinarios.