Os alumnos do derradeiro curso de primaria e os da etapa da ESO serán os encargados de concienciar a toda a comunidade educativa da importancia de seguir as normas contra a pandemia da COVID-19.
Todos os días na hora do recreo recordarán o que debemos facer baixo o lema “ Sentidiño na escola”.
O alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que, de acordo coa Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2020/21:
1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.
2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:
a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.
A cor laranxa invadiu corredores e aulas para festexar esta festa de orixe celta . As historias , persoaxes e cancións de terror estiveron durante esta semana presentes nas nosas actividades.
Con motivo da festividade de Todos os Santos, o alumnado de educación primaria realizou unha tarefa de investigación para coñecer mellor ao santo ou santa do seu nome. Desta volta o alumnado de 5º e 6º atoparon fermosas imaxes e tamén o significado da simboloxía presente nelas.
Este ano tocounos ser máis responsables que nunca e estámolo facendo moi ben. Todos nos felicitan porque mantemos as distancias xogando, merendando e aprendendo, e iso fai que esteamos contentos.
O día 19 de outubro achegamos á nosa memoria a todas aquelas mulleres cheas de coraxe, valentía e esperanza que nun determinado momento da súa vida tiveron que loitar por vencer á enfermidade, mulleres valentes co único obxectivo de saír mais fortes e victoriosas desta loita.
O Domund do 2020 arranca co lema: «Aquí estou, envíame» e chámanos a colaborar. Este ano cobra especial sentido na crise sanitaria da Covid-19. Non é só colaborar coa Misión, senon participar nela. Lembra: con pequeños feitos, conseguiremos grandes logros.