8 DE MARZO

Hoxe é un día especial para todas as mulleres e dende o cole quixemos representar a diversidade en todos os ámbitos laborais. Durante toda a semana os alumnos achegaranse dende as diferentes materias a mulleres que foron un referente para o avance da sociedade.

Os máis pequenos personalizaron este día co marabilloso mundo da ilusiòn , onde as nais se converteron  en verdadeiras fadas e heroínas.

AS PAISAXES- LANDSCAPES

Os alumn@s de 2ºde primaria realizaron un traballo interdisciplinar coas materias de plástica e ciencias sociais.

Intentamos plasmar de forma creativa  elementos presentes na natureza.

Resultou un traballo moi enriquecedor para todos.

«ARTENTROIDO»

A creatividade dos alumnos chegou ao mundo da arte neste entroido. Os movementos surrealista, cubista, impresionista… chegaron ás nosas aulas para inundar coas diferentes creacións os corredores do colexio.

Felicitar aos artistas pola gran calidade das súas obras.

SAVE THE CHILDREN

Un ano máis  todos os alumnos do centro participamos na carreira solidaria “Save the Children” que durante quince anos realizamos de maneira ininterrumpida.


Este ano celebramos unhas olimpiadas especiais mantendo  o
protocolo COVID pero mantendo a mesma ilusión en participar e pasar
unha xornada divertida.


Este ano engadimos  unha lazada vermella no dedo que simbolizaba a importancia de ser solidario.

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.