Tempo de ledicia e esperanza.






Chegando ao final deste camiño cara a cruz, faise hoxe máis visible ca nunca en todo o planeta, que a pandemia que vivimos dende fai un ano, estanos facendo cambiar o noso estilo de vida, os nosos hábitos e incluso os nosos valores. Temos máis presente que “nunca é tarde para” apostar pola acollida, o perdón, o amor, a responsabilidade e o encontro con Cristo morto e resucitado por cada un de nós.
Aproveitamos o mes de marzo para traer ás nosas aulas mulleres que cambiaron a historia cos seus descubrimentos e fazañas. Mulleres que reivindicaron a igualdade e capacidade de ser protagonistas e valoradas polo que eran.
Cada mañá a lectura facíanos viaxar polas diferentes facetas nas que destacaron e non rexeitaron perseguir os seus somos.
O mundo da arte dou renda solta á nosa creatividade para entender a vida e obra de Frida Kahlo.
Emilia Pardo Bazán e Marie Curie non rexeitaron de perseguir os seus sonos e sentirse libres.
Unha das tarefas propostas para o alumnado de 3º ESO no Plan Lector deste curso, foi a realización dun lapbook sobre a novela de Ricardo Gómez “O cazador de estrelas”.
Canda o protagonista Bachir, aprendemos valores coma o optimismo e a esperanza. Coñecemos tamén da man do narrador os costumes e tradicións saharauís… o té, a henna, a historia oculta da guerra polo territorio ocupado… A provincia 51.
Logramos comprender que a pesares das dificultades, por riba das nubes, hai un millón de estrelas.