Coa chegada da calor, o mellor entorno para aprender.
SNAPPET
AS MÁQUINAS SIMPLES
BATÉATE!
Oa alumnos de 4º da ESO participaron no concurso de fotografía e reportaxe audiovisual organizado por OPMEGA para dar a coñecer e por en valor o oficio do sector mexilloeiro.
A gañadora do concurso de fotografía foi Candela Fernández Leyenda que recibiu varios agasallos , sendo seleccionada entre os mellores traballos e finalmente premiada.


NINGUNHA FAMILIA SEN COMIDA
FLOTA OU AFÚNDESE
OBRADOIRO DE ARQUEOLOXÍA
AXUDAS E FONDO LIBROS 2021-22

Aberta a convocatoria de axudas, fondo e material escolar para o vindeiro curso 2021-22. Poden consultar a información na lapela AXUDAS LIBROS.
ARCA DE NOIA
Esta semana tivemos unha actividade fóra do ámbito escolar: a visita de dúas mozas voluntarias que pertencen á protectora Arca de Noia. Está adicada ao coidado e adopción de diferentes animais, especialmente cans e gatos. Fixemos a actividade na horta e trouxeron tres cans e dous gatos para ensinarnos unha serie de cousas sobre o coidado destes animais.

. Primeiro faláronnos de cans, dixéronnos que era mellor adoptalos porque hai moitos cans abandonados sen familias. Cando coidamos un can adquirimos unha responsabilidade coma se fose un novo membro da familia coas mesmas necesidades de saúde e comida. Os cans, aínda que preferentemente é mellor telos nunha casa con xardín para que se poidan mover, tamén os podemos ter nun piso, tendo en conta que precisan camiñar e facer as súas necesidades fóra.

Respecto aos gatos, podemos aplicar as mesmas observacións que fixemos cos cans con respecto á adopción, comida e saúde. Os gatos, a diferenza dos cans, realizan as súas necesidades nunha area especial e non precisan tanta mobilidade. Estamos moi agradecidos pola visita e a aprendizaxe que recibimos. Moitas grazas!!!

LETRAS GALEGAS 2021
Un ano máis, como cada 17 de maio, festexamos as Letras Galegas e o alumnado da ESO traballamos arreo para homenaxear a poeta Xela Arias cun “Gran Libro das Letras”.
Achegámonos á súa obra poética “Denuncia do equilibrio”, “Tigres coma cabalos”, “Darío a diario” e “Intempériome”. Tamén investigamos arredor da celebración e moitos dos autores que foran homenaxeados desde 1963. O resultado foi este libro no que todas as aulas da ESO tiveron o seu protagonismo.
A toda a comunidade educativa: Feliz día das Letras Galegas!

