Ao longo de todo o ano camiño da túa man.
Cando erro axúdasme, cando dubido aconséllasme, e sempre que te chamo estás ao menú carón.
Feliz día PAPÁ!



O martes, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, unha data que nos invita a reflexionar sobre a situación da muller en todo o mundo, nos anima a fomentar accións que contribúan a recoñecer as aportacións de todas esas mulleres e nenas e tamén a celebrar a valentía… por iso:
Pasámolo estupendamente na compaña de Lucía e Paula. Elas fixeron unha festa de pixamas moi divertida na que nos transmitiron valores moi importantes como son a igualdade e que na realidade e nos contos as nenas deberían ter a posibilidade de soñar e ser o que elas decidan ser.
A celebración da imposición da cinza pódese visualizar no No blog de Pastoral.
Xa se pode consultar a información sobre o proceso de admisión para o vindeiro curso 2022-23 no apartado ADMISIÓN ALUMNOS.
O venres pasado o noso cole encheuse de creatividade, ilusión, alegría, desfiles, bailes e moitas gañas de compartir momentos felices entre compañeiros con motivo dunha celebración de longa tradición popular, o Entroido. Especialmente este ano, no que o alumnado se achegou ás tradicións dos sete entroidos galegos que exhiben con orgullo a cualificación de “Festa de interese turístico”.
No 23 de febreiro temos unha data a celebrar: o aniversario do nacemento de Rosalía.
Coma noutras ocasións puxémonos a traballar coa súa poesía e todos os alumnos e
alumnas da ESO lemos, escribimos e reflexionamos sobre a mensaxe da súa obra.
Seguindo a proposta da AELG confeccionamos con eses versos uns carteis de flores: os pensamentos.
“Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino”.
#SementadePensamentos
#_rdc_2022