SÓ TES QUE SER TI!

O alumnado de 5° e 6° de educación Infantil e 1° e 2° de educación Primaria asistiu ao Auditorio Municipal de Ribeira coa finalidade de traballar a inclusión nas aulas e sensibilizalos sobre a discapacidade intelectual. Visionamos a película Valentina, galardoada nesta última edición cun premio Goya.
Valentina está cansa de ser unha nena con síndrome de Down convencida de que é o motivo polo cal nunca poderá alcanzar o seu soño: ser trapecista. Pero nunha viaxe máxica co seu amigo Chiqui vai permitir descubrir que é moi especial e que, como ben di a súa avoa, nunca debe de perder a ilusión e as ganas de aprender.

Que ben o pasamos! Tiñamos moitas ganiñas de ir de excursión, esperemos que esta sexa a primeira de moitas máis!

Os alumnos de 2º tiveron a sorte de sacar unha foto coa directora da película Chelo Loureiro.

COÑECE O TEU ENTORNO

Os alumnos de cuarto de primaria realizaron o proxecto “Coñece o teu entorno” onde cada alumnos investigou sobre o máis representativo do lugar onde vivía  . Realizaron pequenos trípticos onde animaban aos visitantes a coñecer o máis emblemático da zona e ao mesmo tempo sentíndose orgullosos do  seu concello.

A MIÑA AUTOBIOGRAFÍA

Grazas a proposta da materia de reforzo lingüístico o alumnado de 4º viaxou a súa máis tenra infancia e a aqueles momentos máis significativos da súa vida, realizando unhas Autobiografías que espertaron en todos nos fermosos recordos.

CAMPAÑA DE MANOS UNIDAS

Despois de 2 anos retomamos a actividade do bocata solidario no parque do Dolmen de Axeitos. Unha camiñata onte a solidariedade é a nosa bandeira, e desfrutar cos nosos compañeiros o noso obxectivo.

Xogos, risas e contacto coa natureza fainos estar presentes e que a nosa indiferenza non os condene ao esquecemento.

PLANTÁNDOLLE CARA AO ACOSO

Os alumnos e alumnas de 5º de Primaria participaron esta semana nunha dinámica sobre o acoso escolar. A través dela, reflexionaron sobre as situacións que viven a miúdo aqueles compañeiros que non son ben aceptados polo seu grupo de iguais.

Puxéronse en común as experiencias de cada un e expresaron como se sentían cando lles toca estar na pel do que sofre insultos e desprezos. Tras isto, atrevéronse a decir tres cualidades dalguén da clase e reflexionaron sobre o ben que nos fai sentir oír cousas positivas sobre un mesmo.

Como di o proverbio: “Para levarse ben, non se necesitan as mesmas ideas, necesítase o mesmo respecto”.

DÍA DA ÁRBORE

Co motivo da celebración do día da árbore do pasado luns, os alumnos de 4º da ESO aproveitaron a boa tarde primaveral para plantar unha das camelias cedidas pola concellería de parques e xardíns do Concello de Ribeira.

A horta do colexio segue medrando en especies arbóreas….. e en voluntarios nos seus coidados. Grazas rapaces!!