A finais de xuño tivemos unha saída cultural ao Museo de Belas Artes de Coruña para coñecer a vida e obras de Picasso e a súa relación con esta cidade. Logo desta visita, desprazámonos ata o parque Acuático de Cerceda, onde realizamos unha xornada de convivencia comendo todos xuntos e desfrutando das diferentes actividades acuáticas e deportivas.
Cores, pinceis, espátulas, tesoiras… son algúns dos útiles cos que os nenos e nenas de creArte deixaron fluír a súa imaxinación e creatividade ao longo do curso escolar. A través de diversas propostas achegamos aos cativos a diferentes manifestacións artísticas ampliando a súa bagaxe cultural.
O 21 de xuño o alumnado de 6º de infantil dixo adeus a primeira etapa dun longo percorrido académico que celebramos ao grande .Os alumnos de 6º de primaria fixeron os honores
e amenizaron a posta en escea compartindo a despedida para o seu paso á ESO.
Despois de 13 anos no colexio os alumnos de 4º da ESO remataron a súa primeira andaina académica cunha emotiva celebración acompañados polas súas familias, amigos e profesores.
Rematou o curso de “Pequeartistas” coa realización dunhas bolsas veraniegas cheas de colorido e moita creatividade que luciremos durante a época estival.
O mércores 14 de xuño os alumn@s do 3º ciclo de primaria desfrutaron dun día de xogo e diversión como invitados de Radio Voz, pola súa participación no Ecopreguntoiro chegando a ser finalistas.
O sábado 10 de xuño desfrutamos dunha convivencia onde reinou un ambiente de festa: risas, ledicia, compañía, contacto, compromiso e presenza son algúns termos cos que podemos definir esta xornada. Todas as persoas que conformamos esta gran familia Vicenciana logramos compartir o mellor de cada un.
As diferentes actividades levadas a cabo como a andaina pola contorna que rematou cun fermoso recital de poesía, diversos obradoiros que amosaron a creatividade e imaxinación de cada participante, un rico xantar campestre na horta do centro e unha ampla variedade de xogos populares onde a diversión e a cooperación foron un elemento clave.
Todo isto, foi posible grazas á implicación de todo os que formamos a comunidade educativa.
Hoxe o alumnado de 6º de Educación Primaria traballou na aula de Pedagoxía Terapéutica.
Realizaron diferentes actividades en cooperativo e de maneira simultánea nos diversos rincóns da aula: matemáticas, lingua, o mercado, xeografía e construción