Os alumn@s de 1º de primaria seleccionaron os alimentos saudables dos non saudables, elaboraron o seu propio prato e aprenderon a poñer mesa.O obxectivo e a ampliación do vocabulario en inglés e a aplicaciónn das boas rutinas.

Conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, as tres etapas educativas no patio do colexio. As tres bolboretas lembráronnos a Patricia, Minerva e María, as irmás Mirabal.
Hoxe, os alumnos de 3º e 4º da ESO puideron asistir á proxección on line da conferencia sobre ACOSO ESCOLAR que tiña como ponente á profesora Carmen Cabestany, que tamén é presidenta da asociación «NO AL ACOSO ESCOLAR». Dende o centro agradecemos a invitación por parte da área educativa de AFUNDACIÓN TV para que alumnado e profesorado poidan recibir información sobre un tema que nos afecta a todos.