O venres 17 as tres etapas educativas desfrutaron dun magosto na horta do colexio.
Os alumnos maiores encargáronse dos máis pequenos e os xogos populares encheron de diversión o noso patio.



Hoxe, os alumnos de 3º e 4º da ESO puideron asistir á proxección on line da conferencia sobre ACOSO ESCOLAR que tiña como ponente á profesora Carmen Cabestany, que tamén é presidenta da asociación «NO AL ACOSO ESCOLAR». Dende o centro agradecemos a invitación por parte da área educativa de AFUNDACIÓN TV para que alumnado e profesorado poidan recibir información sobre un tema que nos afecta a todos.
A continuación pode acceder á información do DOMUND 2023 e á tómbola misioneira na seguinte ligazón:Pastoral de La Milagrosa de Oleiros (pastoralmilagrosaoleiros.blogspot.com)
Hoxe os alumnos do 3º ciclo de primaria asistiron no centro a unha charla sobre “Soberanía alimentaria” co obxectivo de fomentar nos alumnos un espíritu crítico sobre a produciòn e orixe dos alimentos.
A finais deste mes visitaremos “Paraíso raíña” en Vilasantar para ver máis de preto o funcionamento dunha cooperativa.