DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Este venres, con motivo da celebración do Día da Paz, o IMER (Instituto de Mediación Educativa de Ribeira) en colaboración co PEN Clube Galicia, convídanos a asistir co noso alumnado de 2º ciclo da ESO, á representación «Paz e Pan» do actor, director e narrador teatral, Quico Cadaval.

IMG-20140129-WA0001

Asimesmo, aquí vos deixamos o convite para asistir todo aquel que o desexe,  ese mesmo día ás 20,30 no Centro Cultural Lustres Rivas á velada poético-musical na que intervirán Yolanda Castaño  e Najla Shami.

IMG-20140129-WA0000

Agardamos vervos alí!!!

 

A SANTIAGO

Os alumnos do 3º ciclo de Educación Primaria disfrutamos dunha xornada escolar fóra do centro o 15 de xaneiro.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Paseamos polas rúas do casco histórico de Santiago, ata chegar á catedral. Aquí estamos na Praza da Quintana, unha das máis importantes do conxunto histórico da cidade. Está rodeada polo muro do Mosteiro de San Paio de Antealtares, e as casas da Conga e da Parra, que se pode ver ao fondo na fotografía. A Quintana é un punto de encontro dos peregrinos, xa que alí está a Porta Santa.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

 

 

Despois, asistimos á obra de teatro “Step by step”.

 

 

 

entrada_museo

Para rematar unha mañá moi produtiva, visitamos o Museo do Pobo Galego, onde nos adentramos nos campos do mar e a agricultura.

mar1  mar-006

Así,na sala adicada ao mar, puidemos seguir o proceso de construción dun pesqueiro, e ver as distintas artes de pesca.

  campo-006

agro1

E na adicada ao agro, os distintos apeiros de labranza.

… e 4º de E. INFANTIL…

3anos23anos203anos   Os nenos de 3 anos disfrutamos decorando a árbore de NADAL. O noso amigo Sam non perdeu detalle e tamén quixo axudar.

3anos5  Traballamos a cor vermella a través das manualidades de Nadal.

3anos14    3anos3

No SAMAÍN elaboramos unhas cintas de morcegos e limpamos unha cabaza na aula.

3anos113anos17

 

3anos13

 

3anos63anos16

Irene trouxo a súa cabaza preparada da casa.

SAVE THE CHILDREN

Os máis pequenos colaboramos no Día dos Dereitos da Infancia, cunha carreira solidaria con obstáculos.

Logo animamos ós maiores nas carreiras e pasámolo moi ben!

3anos93anos8

 

3anos12

O 1º trimestre de 6º Educación Infantil

DE VISITA Á HORTA DO COLEXIO E A CELEBRACIÓN DO  «DÍA DOS DEREITOS DO NENO»

2013-11-29 15.28.162013-11-20 16.02.25

Reunímonos na ermida da Virxe e tamén celebramos o Día dos Dereitos do Neno, portando bandeiras de apoio polos  damnificados tralo furacán de Filipinas.

UNHA TARDE NO MUIÑO…  DE AUGA DE OLEIROS

O grupo preto do río que fai mover o muíño.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA.OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA

Os alumnos aprecian de por sí as tarefas do  muiñeiro, e como se fai a fariña milla dos grans de millo.

Polo camiño, observamos a natureza  do outono, e detivémonos para admirar a beleza destes cogumelos.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

O MAGOSTO 

Os alumnos de 6º de E. Infantil  degustando os froitos do magosto. Mirade que creativos e orixinais os  recipientes elaborados coa colaboración dos nosos pais e nais .  Grazas por axudarnos! Abaixo podedes ver unhas mostras da orixinalidade:

2013-11-15 15.24.00

2013-11-15 15.48.50

2013-11-15 15.45.23

   O “ Angry birds” de Star wars e  a “Maricastaña presumida”.

PARTICIPANDO NO PROGRAMA ” XOGANDO A SER IGUAIS”

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA

Na web do concello está o enlace co vídeo realizado nesta actividade.

 

 http://www.riveira.es/content.asp?contentid=16909

Foi un trimestre moi entretido!

Nós pasámolo moi ben!

 

OUTONO

Como cada ano chegou o outono cargado  de colorido.

SAM_1214SAM_1218

 

Os alumn@s de  5º de infantil puidemos disfrutar  dunha tarde outonal, que non esqueceremos, na horta de Martiño .

SAM_1162SAM_1161SAM_1165

 

O noso entorno vai cambiando  antes de que chegue o frío inverno… Vimos as follas das nosas árbores…

SAM_1186SAM_1153

Agora xa sabemos como funciona un muíño de auga…

SAM_1160SAM_1181

 

 

SAM_1174SAM_1175

tocamos e debuxamos as cabazas, recoñecemos os froitos desta estación…

SAM_1196SAM_1197

SAM_1129SAM_1167

Sabedes  o mellor!  antes de marchar,  a nai  de Martiño agasallounos cun pan fresco feito coa fariña moída  no seu muíño.

SAM_1192SAM_1194

Que rico! Que natural  e que ben sabía!

Moitas grazas!

DÍA DA VIRXE MILAGROSA

 

O día 27 de novembro  todos os alumnos do colexio celebramos o día da Virxe Milagrosa.

CIMG3399     CIMG3397

EDUCACIÓN  INFANTIL

Asistiron á capela do colexio   engalanados coas súa medallas realizadas na clase de plástica,  despois de  contarlles a historia da aparición da Virxe a Santa Catalina.

EDUCACIÓN PRIMARIA

1º, 2º e 3º de E.P.

Durante a celebración  os protagonistas foron os rapaces, quen  explicaron a súa  mensaxe  e leron a pasaxe da Anunciación ; todo isto amenizado polas cancións adicadas á Virxe.

4º,5º e 6º de E.P. Asistiron a unha Eucaritía previa preparación.

la foto (1)CIMG3395

Queremos aproximar aos nosos alumnos ao mundo da fe e que se sintan acompañados en todo momento.

EDUCACIÓN SECUNDARIA

Os alumnos de secundaria celebraron o día asistindo á capela,  explicaron os simbolos da medalla e   diversas actividades  complementaron a celebración.

A MÚSICA DENTRO DAS AULAS

Pop, folclore, clásico,… o noso colexio encheuse de novos sons para celebrar o Día da Música.

IMG-20131122-WA00042013-11-22 15.58.53

Convidados moi especiais, entre os que se atopan mestres de música da zona e antigos alumnos e actuais, encheron a nosa xornada de fermosas melodías que nos lembraron temas actuais e clásicos.

IMG-20131122-WA0001DSC01021 (1)

A xornada que tivo lugar o venres 22 de novembro, día de Santa Cecilia, congregou a alumnos de 6º de E.P. e Secundaria nunha viaxe a través da música.

 

2013-11-22 16.19.052013-11-22 16.14.37

TODOS COA POESÍA

O pasado 15 de novembro levouse a cabo un Obradoiro de Poesía para o 3º Ciclo de E.P.

DSC00885 DSC00879

Transcorreu a cargo do avó dunha alumna ( médico de profesión) e afeccionado a escribir poemas dende a súa xuventude.

Intentou trasmitir aos rapaces a importancia de plasmar por escrito  os sentimentos e vivencias importantes ao longo dunha vida.

DSC00888DSC00887

A resposta dos nosos rapaces coa súa atención e motivación fixo que a  actividade resultase un éxito, rematando coa lectura de poemas elaborados polo eles mesmos que tamén resultou de agrado para o noso comunicador.

DSC00893DSC00882

 

 

 

 

SAVE THE CHILDREN

DSC_0720DSC_0719

DSC_0721

Como cada ano, o 20 de novembro, Día dos dereitos da Infancia,  participamos desde o noso centro na  carreira  «Kilómetros de Solidariedade”, apoiando o labor humanitario da ONG Save the Children.  Hai 3 anos que nos distinguiron como «Centro Embaixador» pola nosa participación continuada ó longo dos 10 últimos anos.

DSC00963DSC00970

Resultou todo un éxito. A colaboración  de alumnos , profesores e pais,  fíxoo posible.  Dende os máis pequenos, que participaron dentro do colexio con carreiras de obstáculos,  ata os alumnos da ESO, que fixeron unha ruta ó monte Tahume  a pé ou  en  bicicleta,  puidemos colaborar nun proxecto de axuda ao pobo de Filipinas.

DSC00978DSC00981

 

 

DSC00985DSC00990

Estamos moi satisfeitos de poder colaborar  a través desta actividade solidaria.

 

MAGOSTO ESCOLAR

O pasado venres 15 de novembro celebramos no colexio o Magosto.

2013-11-15 16.35.28

 

Coas castañas que aportamos os rapaces, fixemos pola tarde unha festa entre castañas, música e xogos populares.

 

2013-11-15 15.30.192013-11-15 15.30.11

 

Mentres Infantil e Primaria comiamos as castañas, os maiores de Secundaria xogaron un partido de fútbol no campo de herba da horta.

2013-11-15 15.45.262013-11-15 15.45.13

 

DSC00910

Asando as castañas tamén o pasamos moi ben!

DSC00918DSC00927

Quecemos o frío, estivo xenial!

DSC00907

 

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.