Os alumnos de 1º EP visitan a Residencia de Maiores e o Centro de Día onde representan o conto “A sopa màis rica do mundo” co obxectivo de levar un sorriso, compartir apertas e degustar todos xuntos uns doces deliciosos.

Formación do profesorado sobre a LOPIVI (Lei Orgánica de protección integral á infancia e a adolescencia frente á violencia) unha normativa que busca garantizar entornos seguros para a infancia e da importancia de comunicar aos organismos competentes sobre as sospeitas que vulneren eses entornos seguros.

O venres 27 de marzo o alumnado das tres etapas desfrutou dunha tarde chea de compromiso,colaboración e moito deporte.
O fío condutor do amor fíxose visible a través de diferentes actividades: camiñata e ruta en bicicleta ata Tahúme, circuíto para primaria e carreira de bicicletas e monopatíns para os máis pequenos… todo co único obxectivo de comprometernos coa infancia máis desfavorecida.O sorriso dun cativo paga a pena.
Grazas a todos por participar




Un ano máis os alumnos de primaria e ESO participaron na campaña de Mans Unidas cunha andaina ata o Dolmen de Axeitos. Unha tarde de convivencia co obxectivo de concienciar ao alumnado de colaborar con aqueles que máis o necesitan. O alumnado do 1ª ciclo de primaria participou da mesma actividade na horta do colexio.


Un ano máis conmemoramos o Día Internacional da Muller.Este ano pensamos que tiñamos que atopar mulleres encargadas do “Coidado”, valor que traballamos neste curso. Centrámonos no ámbito sanitario e o coidado dos maiores. As nosas convidadas especiais foron nais dos nosos alumnos que desempeñan día a día un labor tan entrañábel.
