


Que estaremos a argallar en 1º e 2º ESO?
Estamos en febreiro, case case na metade do trimestre e que vén por aí?
O Antroido!
Aínda que non sexa igual que outros anos polas circunstancias que estamos a vivir, sí que podemos coñecer e desfrutar del, da súa historia e protagonistas. E sobre iso traballamos nos nosos “Venres culturais”.
En nadiña xa está aquí, e xa veredes os nosos proxectos!
Cada 30 de xaneiro, os centros educativos celebramos o día da Non Violencia e da PAZ. Neste curso tan atípico pola pandemia, esta data ten, tamén, especial importancia debido a preocupación polos acontecementos mundiais que amosan a intolerancia dalgúns seres humanos que nos fan lembrar a importancia do coñecemento mutuo, do diálogo e do respecto aos demais. Non deixamos de ter presente que: ”Queremos un mundo en PAZ”. Deste xeito celebramos esta día, tendo presente a Historia de Sadako, que nos transmite valores importantes como o esforzo, a constancia, a esperanza e a creatividade entre outros. Todos eles móvennos a perseguir a convivencia pacífica, pero non só dentro de nosas aulas, senón tamén intentándoa levar, fóra delas.


O domingo 16 de xaneiro os nenos e nenas celebran a Xornada da Infancia Misioneira, “o Domund dos Nenos”, para axudar aos misioneiros no seu traballo coa infancia. A Infancia Misioneira é unha das ferramentas que a Igrexa ten para que nos lugares de misión conten con medios para atendelos nenos e nenas nas misións. Por iso, a Xornada da Infancia Misioneira conta con tres xeitos de ensinar aos nenos o espírito misioneiro: por medio da oración, axudando aos que temos preto noso e compartindo coas persoas que o precisan. Desta maneira intentaremos ser LUZ PARA O MUNDO, como nos lembra o lema deste ano.

A Comunidade Educativa quérevos agradecer a vosa xenerosidade, a vosa solidariedade e o voso compromiso, a pesares das circunstancias aínda adversas que estamos a padecer. Queremos dárvolas gracias por compartir cos máis necesitados, e cos que, nestos momentos, a Covid 19 deixounos en desamparo.
Gracias por axudarnos a axudar, con pequenos xestos pero efectivos, construímos un mundo máis humano e solidario que é o auténtico sentido do Nadal.



Volve a ser un Nadal, no que debemos ter moita precaución para protexernos e protexer aos nosos.
Tampouco lle foi doado a María e Xosé que, despois dunha longa viaxe, tiveron que refuxiarse nunha pequena corte para dar a luz ao seu fillo. Xesús ven a estar connosco, este é o verdadeiro sentido do Nadal, debemos acollelo para sentir a verdadeira ledicia que non consiste no material: senón que é compartir e axudar. Oxalá que nós, que temos moito, saibamos crear eses ambientes seguros para vivir en familia o Nadal.
Que a Sagrada Familia, símbolo de unidade e protección, nos acompañe neste Nadal.
Algunhas veces temos os oídos cheos de ruídos que nos impiden escoitar con claridade a mensaxe de Xesús e facela nosa. Xoán o Bautista invítanos a afinalo noso oído para escoitar atentamente a súa Palabra de Xesús, que é AMOR en estado puro. Por iso ao longo desta segunda semana imos abrilos nosos oídos e o noso corazón para escoitar a Palabra de Deus que nos fala de tenrura, de apertura, de sinceridade e verdade, de reconciliación, de misericordia, de compaixón… Non che parece que son motivos abondo para removela conciencia durmida desta sociedade?
