SNAPPET

Os alumnos de 5º e 6º participan nunha proba piloto onde combinan o libro de texto coas novas tecnoloxías na aula.
O alumno traballa ao seu ritmo e de forma individualizada sendo artífice do seu progreso.
A acollida está sendo moi boa tanto por parte do alumnado como do profesorado.

BATÉATE!

Oa alumnos de 4º da ESO participaron no concurso de fotografía e reportaxe audiovisual organizado por OPMEGA  para dar a coñecer  e por en valor o oficio do sector mexilloeiro.
A gañadora do concurso de fotografía foi  Candela   Fernández Leyenda  que recibiu varios agasallos , sendo seleccionada  entre os mellores traballos e finalmente premiada.

Foto premiada

ARCA DE NOIA

Esta semana tivemos unha actividade fóra do ámbito escolar: a visita de dúas mozas voluntarias que pertencen á protectora Arca de Noia. Está adicada ao coidado e adopción de diferentes animais, especialmente cans e gatos. Fixemos a actividade na horta e trouxeron tres cans e dous gatos para ensinarnos unha serie de cousas sobre o coidado destes animais.

. Primeiro faláronnos de cans, dixéronnos que era mellor adoptalos porque hai moitos cans abandonados sen familias. Cando coidamos un can adquirimos unha responsabilidade coma se fose un novo membro da familia coas mesmas necesidades de saúde e comida. Os cans, aínda que preferentemente é mellor telos nunha casa con xardín para que se poidan mover, tamén os podemos ter nun piso, tendo en conta que precisan camiñar e facer as súas necesidades fóra.

Respecto aos gatos, podemos aplicar as mesmas observacións que fixemos cos cans con respecto á adopción, comida e saúde. Os gatos, a diferenza dos cans, realizan as súas necesidades nunha area especial e non precisan tanta mobilidade. Estamos moi agradecidos pola visita e a aprendizaxe que recibimos. Moitas grazas!!!

LETRAS GALEGAS 2021

Un ano máis, como cada 17 de maio, festexamos as Letras Galegas e o alumnado da ESO traballamos arreo para homenaxear a poeta Xela Arias cun “Gran Libro das Letras”.

Achegámonos á súa obra poética “Denuncia do equilibrio”, “Tigres coma cabalos”, “Darío a diario” e “Intempériome”. Tamén investigamos arredor da celebración e moitos dos autores que foran homenaxeados desde 1963. O resultado foi este libro no que todas as aulas da ESO tiveron o seu protagonismo.

A toda a comunidade educativa: Feliz día das Letras Galegas!

SANTA LUISA

Un ano máis visitamos a capela do colexio para conmemorar o día da cofundadora das Fillas da Caridade.

Orgullosos de pertencer á Familia Vicenciana percorremos as súas obras e enfrascámonos dos valores que ela nos ensinou e que nòs estamos a aprender para facer un mundo máis xusto.