«EU SAÚDE»

Durante a semana pasada estivemos traballando os contidos relacionados coa forza e o balonmán e ao mesmo tempo analizamos os carteis da iniciativa “eu saúde :)” onde vimos diferentes beneficios do exercicio, non só a nivel físico, se non tamén a nivel emocional e social coa axuda de deportistas galegos de alto nivel.

FESTIVIDADE DA MILAGROSA

Hoxe foi un día de festa para todos os que formamos parte da familia vicenciana.
O bo tempo fixo que puideramos disfrutar dunha tarde de convivencia e xogos que encheron de ilusiòn e sorrisos os nosos patios.
Todos agardaban con espectación unha sorpresa… ¡un inchable !que agradou a pequenos e maiores.
Unha tarde de lecer para festexar o día da nosa patrona .

25 DE NOVEMBRO-NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro (Día contra á violencia de xénero) presentámosvos ás persoas máis ValenteS do universo…

Queremos que sexades valentes, 

Valentes para falar, 

Valentes para ser,

Valentes para sorrir, 

Valentes para respectar,

Valentes para amar, 

Valentes para mirarvos ao espello,

Valentes para cambiar, para ver o bo e para loitar porque non haxa ningunha máis, nin ningunha menos. 

O longo do día realizamos diferentes actividades para concienciarnos do problema na sociedade na que vivimos. Contacontos, manualidades, elaboración de adhesivos e sobre todo, observamos o noso reflexo. Ese reflexo que se converterá na sociedade do mañá. 

O VEROÑO

O comenzo do outono invita a levar a cabo múltiples actividades para adentrarnos na cultura galega e anglosaxona. Dende as diferentes materias puxéronse de manifesto diferentes aspectos destas celebraciòns dende a orixe, gastronomía, a ciencia ,a arte, literatura…

Este Samaín mete medo! 

1º e 2º de ESO fixemos para o noso proxecto de trimestre unas fermosas cabazas decoradas. Aprendemos a historia desta terrorífica festa e xogamos coas palabras do outono e  do ano novo celta. Tiramos unas poucas fotos antes de marchar e velaquí o resultado! 

DOMUND 2021

O penúltimo domingo de outubro, proclamado «Xornada Mundial das Misións» constitúe o punto culminante deste mes de outubro misioneiro. Durante todo este mes, e particularmente o domingo 24 proclamamos a importancia da misión para levar a bo porto a axuda e evanxelización dos pobos máis necesitados. Para impulsar esta labor, os misioneiros e misioneiras contan a todo o mundo o que ven e escoitan nos lugares onde axudan.

SNAPPET

Os alumn@s de 5º e 6º de primaria comenzaron a traballar este mes coa plataforma Snappet  como complemento ao libro de texto .

Unha nova ferramenta que axudará ao alumno a conseguir os obxectivos propostos  adaptándose ao nivel e ritmo de cada un.
Esta nova metodoloxía foi acollida por parte do alumnado con moita satisfacción.

WELCOME CHRISTINE !

Un ano máis  a auxiliar de conversa entra a formar parte do equipo docente  para axudar aos nosos alumnos a mellorar no uso da lingua inglesa.

Christine  tivo unha boa acollida por parte do alumnado co que traballara en pequenos grupos ,co obxectivo de  personalizar a aprendizaxe .