Benxamín!

Os  alumnos do primeiro ciclo de Ed. Primaria participaron, na tarde do mércores 19, dun encontro con ilustrador Benxamín. Esta actividade é promovida pola Editorial Anaya con motivo da celebración do Día do libro o vindeiro domingo. Con esta visita  os rapaces  puideron  coñecer  o proceso de creación dos debuxos dun conto. 

Gracias Benxa polos teus debuxos e historias!!!

SERES MITOLÓXICOS

Os alumnos de 3º da ESO que asisten a materia optativa de Cultura Clásica remataron o segundo trimestre expoñendo os seus proxectos referentes aos seres mitolóxicos que foron obxecto de traballo ao longo do mesmo. Ao longo dos meses de febreiro e marzo realizamos un estudio dos mitos, as súas orixes, a cultura e os elementos que os conforman, os cales lles fixeron descubrir aspectos descoñecidos  dos seres que abundan na mitoloxía grega. 

DEPORTE ESCOLAR

Hoxe,, venres 14, o noso alumnado tivo a segunda xornada de deporte escolar no polideportivo municipal de A Fieiteira, onde desfrutaron de diferentes deportes xunto cos compañeiros e compañeiras dos centros de Frións e Artes. Un día máis, todos o pasaron en grande compartindo unha xornada de actividade física realizando diferentes deportes de equipo.

DÍA DO AUTISMO

O día 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo e dende o colexio démoslle visibilidade a través de diversas actividades.

Pola mañá os nenos e nenas visualizaron o vídeo da campaña deste ano https://youtu.be/9hYY7a-XUQ8, cantamos a canción https://www.youtube.com/watch?v=9hYY7a-XUQ8&feature=youtu.be e algúns dos alumnos que teñen este trastorno foron os encargados de achegar as súas emocións e coñecementos a todas as etapas do centro.

Pola tarde saímos ao patio para representar o símbolo infinito, ler un manifesto e gritar o lema CHAMÉLOLO POLO SEU NOME!

LANDSCAPES

Os alumnos de 2º de primaria traballaron as paisaxes naturais e as transformadas polo home.

Dende a clase de plástica e social realizaron un proxecto interdisciplinar onde puxeron en práctica os coñecementos aprendidos e as habilidades manuais e creativas de cada un deles.

AQUOLOXÍA

A auga é un tesouro preciso para vivir que debemos coidar moi ben. O xoves 29, os alumnos de 1º a 3º de Educación Primaria tivemos a visita de Nati e o seu equipo de Aquoloxía; onde nos explicaron e nos pediron axuda para coidalo medio ambiente e promover hábitos para actuar sobre o cambio climático. Todo isto fixérono a través de vídeos e xogos interactivos e con experimentos onde observamos o ciclo da auga urbano, o seu tratamento para poder bebela  e tamén nos deron consellos para aforrar no consumo da auga. 

Convertémonos en expertos sobre o correcto uso da auga e, por iso, ganámonos un diploma. 

Gracias equipo Aquoloxía!! 

COMPOSICIÓN XIRATORIA

Os alumnos de 2º de ESO puxeron en práctica todos os contidos traballados ata o momento na aula de Música a través dunha sinxela composición.  

En grupos de cooperativo, e mediante a estrutura do Folio xiratorio; fomos compoñendo unha sinxela melodía de 8 compases en escala de Do Maior. Para comprobar a evolución da mesma, botamos man dos carillóns e disfrutamos do son da nosa melodía. Despois de todos os medos iniciais, os resultados non estiveron tan mal… Quen sabe, habrá algún Mozart entre nós?