Autor: Administrador
DINAMIZACIÓN DA LECTURA
Os días 20 e 21 de febreiro os alumn@s de E. Primaria disfrutaron de diferentes actividades sobre libros traballados no Plan Lector.
O ilustrador Benxamín, do grupo Edebe, a través dos seus debuxos para os máis pequenos, e de actividades grupais para os maiores mostrou diferentes puntos de vista sobre a lectura dos mesmos.
AXUDAS LINGUAS ESTRANXEIRAS
A Consellería de Educación acaba de anunciar no DOG do 27 de febreiro, as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras e que van dirixidas a alumnos que cursan actualmente algún curso da ESO ou Bacharelato.
Os solicitantes ademais, deberán ter superadas todas as materias no curso 2015/16 e unha nota mínima de ben ou 6 na área de lingua inglesa.
Poden descargar o DOG neste enlace ou o cartel informativo.
Invitación obra de Carlos Casares
#RosalíaTe
O pasado venres 24 de febreiro, coma cada ano, os alumnos e alumnas de 3º ESO celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía. A lectura dos seus textos amosounos a actualidade nos temas e o profundo sentimento que transmite a súa poesía. Sumamos na campaña #RosalíaTe promovida pola Asociación de escritores en lingua galega cun mannequin challenge dirixido polo Equipo de Dinamización.
Rosalía de Castro no seu aniversario
Os alumnos de sexto recordamos a Rosalía no seu 180 aniversario.
ADMISIÓN 2017-18
Xa se pode consultar a información sobre o proceso de admisión para o vindeiro curso 2017-18 no apartado ADMISIÓN ALUMNOS.
«Cousas» de Castelao
Os rapaces de 3º e 4º de ESO do colexio A Milagrosa asistiron ó espectáculo teatral e literario de Os Quinquilláns e a Editorial Galaxia. Este venres día 17 de febreiro e no Auditorio Municipal de Ribeira desfrutaron da obra ideada a partir do libro «Cousas» de Afonso Daniel Rodríguez Castelao.
Nesta proposta teatral inténtase ser fiel ao mesmo espírito co que Castelao creou as cousas, eses pequenos relatos que ilustraba cun debuxo. Na esencia da obra está a sociedade galega, o retrato dunha época que está afastada no tempo, pois trasládanos aos anos vinte do século pasado.
A montaxe provoca en moitos momentos o riso, posto que Castelao manexaba coma ninguén a retranca, a comedia, a farsa, pero tamén está moi presente a tristura e a traxedia, sentimentos variados que se desprenden das páxinas da obra e tamén da representación teatral. A través destas breves narracións consegue expresar a realidade esencial do pobo galego.
Fotografías e video cedidas pola Editorial Galaxia.
Animación á lectura en Primaria
Deporte Intercentros
O pasado día 17 de febreiro o noso alumnado tivo unha nova xornada de deporte escolar no polideportivo municipal da Fieiteira, onde disfrutaron de diferentes deportes xuntos cos compañeiros e compañeiras do colexio CEIP O Grupo. Un día máis, todos o pasaron en grande compartindo unha xornada de actividade física, a cal rematou cunha gran partida multitudinaria de brilé, que serviu tamén para coñecer a nenos e nenas do colexio de O Grupo, así como promover os valores do deporte como respecto, igualdade e compañeirismo.














