A continuación pode consultar a listaxe provisional de libros de texto correspondente ao fondo de libros (ESO), no apartado de AXUDAS LIBROS.
Autor: Administrador
Listaxe definitiva FONDO LIBROS PRIMARIA
A continuación pode consultar a listaxe definitiva de libros de texto correspondente ao fondo de libros, no apartado de AXUDAS LIBROS.
Listaxe provisional FONDO LIBROS PRIMARIA
A continuación pode consultar a listaxe provisional de libros de texto correspondente ao fondo de libros, no apartado de AXUDAS LIBROS.
EXAMES SETEMBRO
Bo verán!!!
Chegou o verán, e, con el, deixamos atrás un ano máis, cheo de ensinanzas e aprendizaxes; despedimos unha xeración (2005-2018) e abrímoslles as portas a outra nova.
Vémonos á volta das vacacións, ata entón, feliz verán!!!
CELEBRACIÓN CAMIÑAMOS XUNTOS:
FESTIVAL FIN DE CURSO:
DESPEDIDA 4º ESO:
XORNADA LÚDICA E DE CONVIVENCIA 1° E 2° DA ESO
Excursión a Xuño
Os alumnos/as do Primeiro Ciclo da primaria remataron o curso facendo unha visita cultural á Ponte Medieval de Xuño e á praia das Furnas. Na mesma visita aproveitaron para ver a exposición colectiva Artes@n feita por diferentes artistas pertencentes ao Concello. Desfrutaron da mañá e remataron a mesma degustando un delicioso xeado.
Excursión ás Illas Cíes
GRADUACIÓN EN HOGWARTS!!!
Chegamos ao final de xuño, e a nosa primeira promoción de Magos e Bruxas do Colexio Hogwarts remata a súa tempada escolar. Non sen antes facer lembranza dos bos momentos e da aprendizaxe que xuntos levamos a cabo.
A aprendizaxe cooperativa, as diferentes Casas que conforman a nosa clase foron enfrontándose e superando diferentes probas.
A súa actitude, as súas tarefas e a súa participación tiveron a súa recompensa e proporcionáronlles os puntos e o coñecemento necesarios para afrontar a última proba: unha gymkana que comprendía todo o saber do Mundo Máxico.
Os nos@s alumn@s tiveron que poñer en práctica todo o aprendido nas clases de Pocións, Astronomía, Encantamentos… 6 probas diferentes, que coa axuda dos nos@s compañeir@s de 4º E.S.O. puideron ser avaliadas exitosamente.
Moitos nervios, pero sobre todo ilusión; permitíronlles disfrutar deste día tan emocionante para os nosos rapaces.
Finalmente, quédame felicitar aos alumn@s que non resultaron gañadores, xa que souberon aceptar con madurez a súa derrota, felicitar tamén aos que foron capaces de progresar satisfactoriamente ata acadar o primeiro posto; e por último, agradecer ás rapazas e rapaces de 4º de E.S.O. que fixeron posible levar esta actividade, a cabo e que foron quen de gañar o respecto e a admiración dos máis pequenos.
Noraboa a tod@s!
UN BOTE POLA IGUALDADE
En pleno século XXI determinados estereotipos sexistas seguen caracterizando a nosa sociedade e están todavía moi presentes en actitudes e costumes actuais: «as nenas non poden xogar ao fútbol», «as bonecas son cousas de nenos»…
Ser neno ou nena non debería marcar a diferenza entre quen somos e quen podemos chegar a ser.
Esta é unha leción que quedou moi presente nos nosos alumn@s a través da presentación do libro «O bote violeta». Ollar con outra mirada é posible, grazas a historias coma esta.




















