Como é habitual o alumnado do 2º e 3º ciclo de primaria, co obxectivo de impulsar a escoita na lingua inglesa,asistiu á obra “ Treasure island” no auditorio de Ribeira. Os alumnos interactuaron e desfrutaron en todo momento durante a interpretación.

O alumnado de Infantil participou nunha actividade moi especial: debullar o millo que nos trouxo un dos compañeiros da clase, que vive moi preto do noso colexio. Durante a xornada, gozaron moito coa experiencia, aprenderon sobre este cereal, melloraron a súa motricidade fina e mesmo degustaron produtos elaborados con el.
Despois, o millo regresou á casa de Ángel para, entre outras cousas, alimentar as galiñas.



Estes días as clases enchéronse de contos, lendas e moita creatividade relacionando diferentes materias. Os máis pequenos desfrutaron do mundo da maxia e elementos tenebrosos, mentres os maiores investigaron sobre a orixe desta festa milenaria e deron renda solta a súa imaxinación traballando a narración facendo fincapé na estructura e elementos da mesma co título “ A Noite Máxica do Samaín”.




Este mércores o alumnado de terceiro e cuarto curso participou nunha fantástica xornada de multideporte xunto co colexio CEIP O Grupo no polideportivo A Fieiteira.
Ao longo da mañá desfrutaron de diferentes actividades como fútbol, baloncesto, floorball e brilé.
Foi unha experiencia moi divertida e enriquecedora, na que non faltaron a colaboración, o esforzo, o compañerismo e as risas.
Parabéns a todos e todas pola súa participación e actitude.


