Día Internacional da Muller

MUJERES
O alumnado de 2º da ESO levou a cabo un proxecto onde resaltaron o papel das mulleres ao longo da historia. Pero non de calquera muller, senón de galegas que deixaron e seguen deixando a súa pegada no mundo. Deste xeito os rapaces, seguindo os zapatos vermellos colocados polo centro, podían coñecer algunhas destas mulleres. Asemade, serviu para dar pé a realizar outras actividades noutros cursos e deixar constanza do seu traballo. Queres coñecelas? Non deixes de vir ao centro para ver a súa exposición e seguir as súas pegadas.
collage hd

 

Plan Lector en cooperativo

Neste trimestre o alumnado de 3º de ESO traballou a lectura  da novela «El cazador de estrellas» de Ricardo Gómez.

IMG_8004IMG_8002

Viaxamos ao deserto do Sahara,  coñecemos os costumes e tradicións do pobo saharauí como a cerimonia do té ou as tatuaxes con henna e entendemos as razóns polas que están exiliados fóra do seu país.

IMG_8007IMG_8006

En cooperativo traballamos os diferentes aspectos que os identifican como pobo e rematamos expoñendo uns murais na clase.

IMG_8001IMG_7999

Somos uns artistas e pasámolo xenial!

Pequenos biólogos 

 

DSC_0407DSC_0410
Ao longo desta unidade, os alumnos de sexto puidemos profundizar nos diferentes reinos naturais: moneras, protistas, fungos…
Asimesmo, prestamos moita atención aos diferentes tipos de células e á súa composición.
E como non podía ser doutro modo, que mellor forma que facendo unha visita ao laboratorio e botando man dos microscopios.
DSC_0408DSC_0406

Soci@l#Detectives

Cando os alumnos de sexto chegaron a clase atóparonse cunha sorpresa. Cada equipo, tiña unha caixa cun sobre ao seu nome.

DSC_0438DSC_0443
A través dunhas pistas, e observando detidamente os obxectos que alí se gardaban, debían ser quen de adiviñar que actividades económicas estaban representadas a través dos diferentes obxectos.
DSC_0426DSC_0421
Prestando atención ás diferentes exposicións dos compañeiros, debían tomar boa nota do exposto e deducir cal é o principal sector económico no noso país.
DSC_0428DSC_0423

O NOSO PATIO É INCLUSIVO

O curso de 6º de EP estivo estudando como deseñar un patio no que todos poidamos estar, xogar e divertirnos.
Esta proposta das profesoras vén a conto porque nos presentamos á 35° edición do Concurso da ONCE.
Empregamos as clases de plástica e reforzo lingüístico ( en grupos de cooperativo) para ver que lle gosta facer no recreo a cadaquén e logo deseñamos o noso patio inclusivo.
Esperamos ter sorte no concurso!
Aí están os nosos deseños.

IMG_0418

IMG_0420IMG_0419

No Día de Rosalía: «Un ACUARIO moi especial»

acuario

Os alumnos de 2º e 3º de Primaria asisitimos o pasado venres 22 á divertida obra de teatro «Acuario», do grupo teatral Ghazafelhos.  Esta actividade estaba enmarcada dentro dos actos do día de ROSALÍA. Fixéronnos viaxar a través das ondas do mar con diferentes melodías para coñecer aos habitantes da nosa costa: sollas, fanecas, xardas, robalizas, sardiñas… Pasamos un intre moi divertido, sorrindo e cantando.. valorando a nosa lingua e todas as novas palabras e coñecementos que aprendemos.

teatro221 (2)teatro222 (2)

Mentres, no colexio, os poemas de Rosalía ían enchendo de luz e cor as aulas e os corredores para lembrar a nosa poetisa máis ilustre.

IMG-20190225-WA0006

III Certame de Curtas «Alberto Romero»

IMG_7970

A Asociación cultural «Alberto Romero» ven de fallar o seu premio anual no certame de curtas celebrado o pasado sábado en Boiro, onde o traballo «Tormenta mental» recibiu o 1º premio na categoría de ESO e Bacharelato. Foi presentado por un grupo de alumnos e alumnas de 4º de ESO do noso centro, despois de traballar arreo  neste proxecto  durante o 1º trimestre no Taller de Audiovisuais que se impartiu na ESO. Recolleron o premio Hugo Fontaíña (guionista e editor) e Xián Vila (protagonista).

292d11cf-cca4-49f5-bf4e-7fa0a71c3299

Quixeron axiña compartir a experiencia cos compañeiros e para iso visitaron as aulas de Primaria para contarlles como xurdiu a idea ou como gravaron as esceas máis complexas. A cantidade de horas e o esforzo de todo o equipo víronse recompensados gratamente con este  premio. Parabéns, rapaces!

IMG_0425IMG_0424

«Alba de Gloria. Unha experiencia» e «Castelao Maxistral»

Non hai moitas ocasións nas que coincidan en Compostela dúas citas tan relevantes para a nosa cultura, como as que se deron estas últimas semanas arredor da figura de Daniel Castelao.

IMG_7935

O alumnado de 3º e 4º de ESO visitou ambas exposicións o 15 de febreiro.

Á primeira, «Alba de Gloria. Unha experiencia», promovida polo Consello da Cultura Galega, acudimos no mosteiro de Bonaval.  Lembramos nela, o discurso pronunciado por Castelao en Bos Aires, o 25 de xullo de 1948. Foi para todos unha visita gratificante, pois puidemos revisar a historia de Galicia a través de paneis interactivos e cun guía que nos acompañou amablemente durante o percorrido.

IMG_7946IMG_7940

Rematamos finalmente coa actividade en 3D que nos permitiu recrear de xeito moi novidoso, o discurso cos personaxes que nel aparecen.

IMG_7947IMG_7945

IMG_7938

 

 

Ao rematar, e no mesmo mosteiro, visitamos o Panteón de Galegos Ilustres, onde están soterrados Rosalía de Castro, Alfredo Brañas, o poeta Cabanillas, o escultor Asorey e o mesmo Castelao.

IMG_7953

Xa pola tarde, tivemos a oportunidade de ver na Cidade da Cultura, o cadro pintado por Castelao no exilio: «A derradeira lección do mestre». Exposto durante anos no Centro Galego de Bos Aires, viaxou unhas semanas a Galicia, para regresar de novo á capital arxentina. Na visita afondamos na obra gráfica de Castelao e na temática das obras expostas, facendo especial fincapé na importancia do ensino como transmisor de valores e de cultura.

IMG_7951

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.