Poucas cousas hai que esperten a imaxinación tanto coma un libro. Son tantas as razóns polas que a lectura é importante para todos… aumenta a nosa curiosidade, sérvenos de inspiración, libera as emocións, apórtanos información, permite coñecernos mellor… Un grupo de alumnos de 4º de ESO estivemos esta semana a traballar cos libros, as personaxes, e as historias que deixaron pegada en nós. E este foi o resultado e queremos compartilo con vós.
Autor: Administrador
23 de abril Día do Libro
Cuando me dejas de hablar es una tortura.
Con mis celos,
quiero oír tus desvelos.
Eres la alegría de mi estado,
cuando está levantado.
Con toda esa desconfianza
recuerdo tu sonrisa que en las noches me alegraba.
Sé que algún día te volveré a ver.
como esas tardes que volvíamos a de pasear.
Con tiempo y calma,
volverá mi esperanza.
Rocío Valiño Vidal (5º Primaria)
EXPERIENCIAS ESCOLARES
Un Vía Crucis especial
Visita ao mercado e Feira da Educación
Os alumnos de 1º e 2º de Primaria participaron no taller «Reciclar con xeito» con motivo da Feira da Educación organizada polo concello. Aproveitamos a ocasión para visitar o mercado e ver de cerca os produtos do sector primario.
Os alumnos disfrutaron das actividades e sobre todo da boa acollida por parte dos traballadores do mercado.
Xuntos aprendemos a facer as cousas sós.
No curso de 3 anos, neste trimestre, organizámonos en cooperativo para as actividades de rutinas, comunicación, expresión e creatividade. Como non, primeiro tivemos unha asemblea para decidir o tema dos nosos grupos: As froitas.
Con esta maneira de traballar todos nos apoiamos, e entre todos conseguimos facer mellor e con máis satisfacción as nosas tarefas.
Science 2º EP
Cantando por Antón Fraguas
O venres os alumn@s de 6º EP participaron nas actividades programadas polo concello na Feira da Educación.
Asistiron ao concerto didáctico do grupo de música tradicional Tanxugueiras, que interpretaron «Cantando por Antón Fraguas».
Acto seguido fomos á inaguración da escultura que homenaxea a todas as mulleres maltratadas.
GOYA Á MELLOR…
No eido da Feira de Educación que se está a celebrar en Ribeira, puidemos ver a película de animación «O soño dunha noite de San Xoán». Logo disfrutamos do saber facer de Manuel Gómez, que conta con dous GOYA así coma con varios galardóns do AGAPI.
É produtor audiovisual, ensinounos como escribir un guión e como organizar unha storyboard para facer un proxecto audiovisual.
Falounos dos tipos de enfoque de cámara para representar os diferentes sentimentos das personaxes, o importante que é o traballo en grupo e falar con xente que ten os memos intereses ca ti.
Tivemos unha mañá moi produtiva.
2 de abril, Día Mundial do Autismo
Eu non vexo trastornos, dificultades nin talentos a desenvolver.
Vexo persoas. Vexo sementes.
Non sei de que especie son, nin o que agochan. Cada neno, cada nena trae dentro de si un potencial, e eu, que podo facer?
Observar e escoitar o que a semente me quere dicir. Darlle un espazo onde ela decida canta luz precisa, canta auga, canta terra, canto e como.
Ter a humildade de saber que non todas as sementes son iguais, e de non pretender que todos sexamos carballos… ou eucaliptos: Medra rápido, produce rápido, arde rápido.
Darlle a cada semente, a cada nena, cada cativo, no que todavía palpita o instinto de saber quen é, a oportunidade de decidir o que precisa para medrar, para facer brillar ante os nosos ollos o verxel que agocha no seu interior.































