VISITA Á CORUÑA

Os alumnos de 5º e 6º disfrutan dun día na cidade da Coruña.
O seu paso polo Acuario  Finisterrae e a Casa Domus non os deixou indiferentes.

IMG_9223IMG_9221

 

Disfrutaron dun tempo de xogo con diferentes actividades ao aire libre.
Para finalizar o día paseamos pola marina ata chegar ao Museo Arqueolòxico e Històrico( Castelo de San Antòn)onde puidemos contemplar diferentes pezas da prehistoria relacionadas coa cidade da Coruña e Galicia.

IMG_9239IMG_9234

Hogwarts – Segunda promoción

DSC_1314
Como non podía ser doutra forma, os alumnos de cuarto rematamos o curso ao máis puro estilo Hogwarts.
Ao longo da mañá, realizamos diversas probas de habilidades e destrezas que nos permitiron demostrar os nosos coñecementos sobre o mundo máxico.
DSC_1306DSC_1302
Tamén disfrutamos do visionado da Cámara Secreta, a segunda entrega da saga.
Como peche a todo un ano de traballo, fixemos o reconto dos puntos obtidos ao longo do curso e máis na xornada de hoxe. Este ano o premio da Copa das Casas recaeu nos alumn@s de Gryffindor.
Noraboa a todos os participantes por este ano de traballo cheo de maxia!!
DSC_1308DSC_1312

Un anaco de nós

Unha vez máis damos peche a outro curso e unha nova promoción abandona as nosas aulas.
Listos para buscar novas metas e novos soños que os conduzan a obxectivos máis grandes, comezades esta andadura con ilusión e coa certeza de que o camiño andado é só o principio de próximos logros.
Hoxe despedímonos, como familia vicenciana, entre bágoas e sorrisos polos momentos que xuntos vivimos; pero coa confianza de que esta será a vosa casa, xa que un anaco de vós permanecerá para sempre nas nosas lembranzas.
DSC_1326DSC_1324DSC_1320

ALUMNADO NOVO INGRESO

O vindeiro xoves 27 de xuño ás 17:00 horas, terá lugar a reunión informativa coas familias dos alumnos de novo ingreso para formalizar matrícula para o curso 2019-20.

Aquelas familias que non poidan asistir, pódense poñer en contacto co centro, e proceder á formalización noutro horario.

XIII Concurso de Poesía Francisco Añón

IMG_20190612_203057_345_2
Este ano o primeiro premio, na categoría D do concurso de poesía dedicado a Francisco Anón, foi outorgado a Carmen Yuan (1° da ESO) co seu poema titulado «Queridos adultos»; un poema que afonda nas inquedanzas dunha nena fronte ás inxustizas e desigualdades no mundo. Un poema para facernos reflexionar, e unha acción para tomar exemplo; posto que o premio (210€ en libros) serán destinados á Unidade de Oncoloxía Infantil do Hospital Universitario de Santiago de Compostela, tal como o solicitou a nosa gañadora.
Parabéns!!!
IMG_20190517_191437_736IMG_20190517_171900_206

VISITA AO CIFP COROSO

@s alumn@s da ESO fomos convidados a visitar as instalacións  do CIFP COROSO.

IMG_1964

Puidemos ver as aulas  e o que se pode aprender a facer nos  distintos ciclos que imparten, así como coñecer que a oferta de traballo é grande e ampla.

IMG_1963IMG_1961

Grazas ao centro de COROSO.

Cesta solidaria!!!

IMG_20190607_154256

Xa temos no colexio a Cesta Solidaria de Fin de Curso!!! Este ano  ten moitos agasallos: xogos, un balón de fútbol, queixo, marmelada, viño, chuches… Se queres participar, achégate a portería. Precisas 1€, elixes un número e anotas o nome d@ alumn@ e o seu curso. O sorteo terá lugar o día do Festival de Fin de curso. Os fondos recadados irán destinados aos proxectos misioneiros das Fillas da Caridade.

Non  quedes sen participar!

IMG_20190607_154310

Maio, mes de María

IMG_6077

O pasado venres, último día de maio, tivemos a celebración de peche de maio, como mes adicado a María. Xuntámonos todos os cursos de educación primaria para renderlle unha  bonita homenaxe como nai, mestra e amiga nosa.

IMG_6073IMG_6070

Luís Seoane

Neste terceiro trimestre os alumnos de 6º de EP asistiron a unha exposición do pintor onde aprenderon  diferentes aspectos da súa vida e obra.
Na clase de plástica traballaron  a técnica do «collage» nos grupos de cooperativo.

FullSizeRender

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.