VACACIÓNS!

A mellor maneira de rematar o traballo dun curso e a xuntanza da comunidade educativa. Este ano visitamos Combarro e desfrutamos dunha viaxe en barco cun día esplendido .

Grazas por compartir un ano máis de aprendizaxe e de vida con nós.

Collage de Fotos Vertical Resumen Año Minimalista Simple Negro – 1

GRADUACIÓNS

Hoxe 20 de xuño engalanouse o patio do colexio para despedir ao alumnado de 4 da ESO e festexar o cambio de etapa dos alumnos de 6º de EI e 6º de EP.

Un acto moi emotivo onde familia, compañeiros e profesores participaron en facer ese día inesquecible.

APARELLO DIXESTIVO

Os alumnos de quinto de primaria levaron a cabo un proxecto interdisciplinar nas materias de Plástica e Natural.
Os rapaces amosárinse moi interesados nesta actividade na que puideron  manipular os diferentes órganos do sistema dixestivo aprendidos con anterioridade.

A MALETA VIAXEIRA

Durante estes últimos días de curso, os alumnos de 1° de ESO iniciaron un pequeno proxecto que lles fixo coller a maleta para facer un pequeno percorrido pola xeografía española. Empapáronse da cultura, da gastronomía e da arte que contén o noso país.

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.