UNIFORME 2013-14

O pasado venres 27 de setembro o consello escolar do colexio LA MILAGROSA, aprobou entre outros temas o anexo do Regulamento de Réxime Interno (RRI) que regula o uniforme do centro.

Este anexo pódese consultar no seguinte enlace: Anexo RRI

Como non se publicou este anexo antes do verán, o centro será flexible naqueles cambios que son novidade este  curso, por exemplo o calzado deportivo branco e non negro,  pero non en cuestións que xa levan implantadas dende hai catro anos e recordadas o ano pasado. Calqueira dúbida que xurda, poden consultarnos no centro ou ben aos titores ou Equipo Directivo.

E lembren que as normas establecidas no RRI son de obrigatorio cumprimento.

HORARIO OUTUBRO-MAIO

O vindeiro martes 1 de outubro, escomezará a xornada completa ,  polo tanto a hora de entrada será ás 9:30 e a de saída ás 17:30. Mantense por tanto o horario do curso anterior, xa que os resultados da enquisa non foron favorables ao cambio de horario.

Os usuarios do transporte escolar deberán estar nas paradas 30 min máis tarde.

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.