XEIRA RIANXEIRA

O pasado mércores 29 de xuño, os alumn@s de 4º de ESO realizamos por fin a nosa visita cultural a Rianxo. Comezamos no Museo do Mar, alí coñecemos de primeira man a historia da nosa ría, as embarcacións e a súa orixe, o cultivo do mexillón en batea…

IMG_4775

 

Na Casa Museo Manuel Antonio achegámonos ao legado do poeta, as fotografías familiares, os seus cadernos, manuscritos dos seus poemas, revistas literarias, as pipas… E deixamos o noso DVD homenaxe ao poeta, que realizamos con moito agarimo no 1º trimestre.

DSC_0296

 

Logo continuamos cunha xeira pola vila, na mesma rúa onde viviron Castelao, os irmáns Dieste ou o propio Manuel Antonio. Rematamos a nosa visita no Paseo da Ribeira e no Auditorio.

1_MONUMENTOMANUELA

 

O noso  agradecemento ao Concello de Rianxo e aos técnicos de turismo (Kike, Marcos e Natalia) pola súa xenerosa acollida.

 

 

 

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.