ORACIONES 2º TRIMESTRE
ORAR POLA MAÑÄN
Bos días noso pai.
Douche grazas polo sol,
pola auga e polo pan.
Ofrézoche este día
que pos nas miñas mans.
Que todo canto faga
che agrade, noso Pai.
Axúdame a quererte a ti e aos demais.
Neste día que comeza
unido ao teu fillo Xesús
quero loarte e dicirche:
MOITAS GRAZAS
NOSO PAI
ESTAS COMIGO
Xesús, que ao longo do día,
mentres traballo,mentres xogo,
esteas xunto a mín.
Que eu sexa bo amable e obediente,
cos meus pais amigos e profesores.
Graciñas Deus Pai querido
porque durante o día
podo estar esperto e facer cousas.
Graciñas por todo o que teño para hoxe,
cousas novas que aprender
amigos e xogos para pasalo ben.
Graciñas, señor, por este novo día
no que vou traballar e xogar no meu colexio.
Pídoche que esteas comigo todo o día
en casda conto, rn cada xogo
ern cada canción.
Que todas as cousas alegres que facemos
che fagan feliz a ti tamén.