Mes de maio.

20150513_111540

Este ano comezamos o mes de Maio  dende as aulas dirixíndonos a María con oracións e cancións ata o 13 de maio, cando E.P celebra na capela a festividade da Nosa Señora de Fátima.

Os alumnos de E.I. foron os primeiros en facer presente a María entre nós, cunha pequena homenaxe a María como nai.

Os encargados de pechar este mes de maio, serán os alumnos da ESO,que recordaran as actividades feitas ao longo deste mes; tendo como protagonista a María, amiga, compañeira e guía cara Deus.

Dentro do mes adicado a María tivo lugar o Triduo da Milagrosa, o cal tivo unha gran afluencia de persoas alleas e da parroquia. Isto amósanos o fervor que ten a advocación da Milagrosa ten entre nós.

20150513_11085920150513_105926