Granxa Escola Kirico

Os nenos de 5º e 6º de Infantil xa fixeron a súa excursión á Granxa Escola Kirico. O programa escolleito foi “Os alimentos”.

FOTO 3

Foi un día moi divertido desde que saímos do cole e subimos ao autobús onde todos cantamos e xogamos ata que chegamos de volta.

FOTO 4

Na granxa había varios monitores esperándonos para presentarnos o programa do día:

  • Visita aos animais (coñecelos, darlles de comer e tamén muxir á vaca Olivia).
  • No invernadoiro aprendemos sobre as plantas.
  • Na horta plantamos, arrincamos malas herbas e regamos.
  • Fixemos un semilleiro de xirasol que trouxemos para a casa.
  • Tivemos un taller de cociña onde elaboramos galletas que tamén trouxemos para a casa.

FOTO 2FOTO 1

Foi un día especial e as nosas profes din   que nos portamos xenial!