#RosalíaTe

O pasado venres 24 de febreiro, coma cada ano, os alumnos e alumnas de 3º ESO celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía. A lectura dos seus textos amosounos a actualidade nos temas e o profundo sentimento que transmite a súa poesía. Sumamos na campaña #RosalíaTe promovida pola Asociación de escritores en lingua galega cun mannequin challenge dirixido polo Equipo de Dinamización.

«Cousas» de Castelao

Os rapaces de 3º e 4º de ESO do colexio A Milagrosa   asistiron ó espectáculo teatral e literario de Os Quinquilláns e a Editorial Galaxia. Este venres  día 17 de febreiro  e no Auditorio Municipal de Ribeira desfrutaron da obra ideada a partir do libro «Cousas» de Afonso Daniel Rodríguez Castelao.

Cousas (5)

Nesta proposta teatral inténtase ser fiel ao mesmo espírito co que Castelao creou as cousas, eses pequenos relatos que ilustraba cun debuxo. Na esencia da obra está a sociedade galega, o retrato dunha época que está afastada no tempo, pois trasládanos aos anos vinte do século pasado.

Cousas (10)Cousas (8)

A montaxe provoca en moitos momentos o riso, posto que Castelao manexaba coma ninguén a retranca, a comedia, a farsa, pero tamén está moi presente a tristura e a traxedia, sentimentos variados que se desprenden das páxinas da obra e tamén da representación teatral. A través destas breves narracións consegue expresar a realidade esencial do pobo galego.

Fotografías e video cedidas pola Editorial Galaxia.

Deporte Intercentros

o grupo3

O pasado día 17 de febreiro o noso alumnado tivo unha nova xornada de deporte escolar no polideportivo municipal da Fieiteira, onde disfrutaron de diferentes deportes xuntos cos compañeiros e compañeiras do colexio CEIP O Grupo. Un día máis, todos o pasaron en grande compartindo unha xornada de actividade física, a cal rematou cunha gran partida multitudinaria de brilé, que serviu tamén para coñecer a nenos e nenas do colexio de O Grupo, así como promover os valores do deporte como respecto, igualdade e compañeirismo.

o grupo2o grupo1

Proxecto multicultural: Rusia

Os alumnos de 6º de Infantil, participamos no proxecto multicultural, traballado por todo o alumnado do colexio: Rusia.

IMG_4827

image (1)image (2)

A semana pasada puidemos contar coa presenza de Yulia Smirnov, nativa de Rusia e nai dun alumno da clase que nos expuxo unha ponencia con power-point, que resultou moi atractiva e adaptada á idade dos nenos. Así puidemos  coñecer un país xigante, cunhas catedrais preciosísimas, as súas xentes , grandes lectores, e moi detallistas… Os nenos  amosáronse moi atentos e aprenderon moito deste impresionante país.

IMG_4829IMG_4828

Saída a Padrón

unnamed6
Os alumn@s  do 3º ciclo de primaria visitan Padrón.

unnamed7
Como complemento á  visita do Gaias ( O centenario dun Nobel) e a  proximidade do aniversario de Rosalía ( 180  anos o vindeiro 24 de febreiro)  acercámonos a Padrón para coñecer máis polo miúdo a vida e obra  destes dous persoeiros do mundo da cultura galega con dimensión internacional.

unnamed5unnamed4unnamed3unnamed2unnamed

«Noche de henna»

 

Los alumn@s de 6º nos hemos adentrado en la cultura hindú. Celebramos lo que allí se conoce como la “Noche de la Henna” donde hombres y mujeres pintan sus manos y pies con henna y y en esa reunión se instruye a las novias  para su futura vida de casada.

unnamed (1)

La henna es un polvo de hojas secas procedentes del arbusto “lawsonia Inermis”.

 El significado de esas pinturas  es promover la suerte y fertilidad, al igual que protegerse de los malos espíritus y del diablo.

Nos hemos vestido  con el “sari” pieza muy utilizada por las mujeres y los turbantes en los hombres,pintamos nuestras manos…

unnamed

Alrededor  de una mesa , simulando un banquete, hemos pasado una jornada muy divertida.