Xa se pode consultar a listaxe provisional de admisión de alumnos no apartado: ADMISIÓN DE ALUMNOS
Castelao Artista
O día das Artes galegas 2016 está adicado a Castelao.
Foi por iso, que 3º e 4º de ESO decidimos achegarnos a Pontevedra, para despois de estudar a figura do rianxeiro, poder desfrutar tamén da súa obra gráfica.
No Museo Provincial, onde está aberta ao público a exposición «Castelao Artista», uns guías comentaron e explicaron os debuxos, caricaturas, óleos… que o polifacético autor ten alí expostos.
E xa na rúa, desde o departamento de Normalización Lingüística do concello de Pontevedra, realizamos un percorrido polas rúas da zona vella, onde vimos os cruceiros, prazas, escudos e lugares relacionados coa obra de Daniel Castelao.
Foi un día fermoso, no que a chuvia nos acompañou ata que voltamos á casa.
A horta de Infantil
Música en vivo
Este venres, os alumnos de 4º de Primaria recibimos unha visita moi especial que nos deixou a todos abraiados.
Noemí Otero, a nosa compañeira de 2º de ESO, deunos un pequeno concerto co seu clarinete e explicounos as peculiaridades deste instrumento.
Deste xeito, profundizamos un pouquiño máis no noso proxecto da orquestra sinfónica.
GRAZAS Noemí pola túa colaboración!
Mercadillo Solidario
O MUNDO DAS PLANTAS
Os alumn@s de 2º de E.P. traballamos o mundo das plantas dende os elementos que necesitan para poder vivir, como as súas partes.
A medida que íamos avanzando pasamos por clasificalas en aquelas que son cultivadas ou silvestres, para máis adiante ver os diferentes tipos de plantas e os seus coidados.
Rematamos a actividade coa plantación de leitugas, pementos, fresas, puerros e calabacíns na horta do colexio e que iremos coidando ao longo desta estación.
«A intelixencia aliméntase de saber cousas». Manuel Núñez Singala.
Instrucións para tomar café, a obra de relato curto de Manuel Núñez Singala, serviunos a 3º e 4º de ESO como escusa para pasar unha tarde falando de libros, literatura, lingua e costumes de noso e doutras culturas.
O profesor, sociolingüista e director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago, achegouse ata Oleiros e compartiu connosco reflexións sobre a diversidade, a liberdade, a empatía cos que son diferentes a nós, a autoestima dos galegos coma pobo, a importancia do amor pola lingua, a necesidade de aprender, de mellorar, de coñecer… sen necesidade de elixir.
Antes de marchar, asinounos algúns dos exemplares do seu libro, e adiantounos o título da súa nova novela: Camiños na auga.
Grazas pola visita.
Un pracer.
Cociña creativa!
Estamos no tempo de Pascua e dende o taller de Creative Cuisene quixemos facerlle un guiño a estas datas preparando os nosos coellos de Pascua e decorando con creatividade e imaxinación os nosos propios ovos.
Aquí tendes unha pequena mostra do traballo realizado, onde se combina a perfección a tradición e a innovación:
O MUNDO DA EMPRESA
Para coñecer máis de preto o mundo empresarial ,os alumn@s de 6º de E.P. contaron coa visita dunha empresaria coñecida da súa comarca que dá nome a empresa «Juandejuana».
Puideron ver na súa persoa características dunha gran emprendedora que no ano 68 comenzou a súa andaina empresarial .
A súas iniciativas, acompañadas dunha gran creatividade ían respaldadas pola súa perseverancia e en crer en todo o que facía sempre con traballo e esforzo , baixo o lema “ Vive e deixa vivir”.
Os alumn@s disfrutaron da actividade e sorprenderon con moitas, variadas e inxeniosas preguntas.
Visita da BRILAT
Ramón Aliseda, pai de alumnas do noso centro, e tamén sarxento da BRILAT (Figueirido), visitou aos alumnos de 4º da ESO para falarlles da súa experiencia profesional en misións humanitarias en Kosovo e Afganistán.
Respondeu tamén a moitas dúbidas que xurdiron durante a charla, relacionadas co día a día na base de Figueirido, estudos realizados, promoción interna…etc. Asímesmo, os alumnos mostraron moito interese en coñecer a situación da poboación civil en lugares de conflito bélico e tamén en relación ás posibilidades de titulación dentro do Exército.











































