CASA GRANDE DE XANCEDA

O pasado xoves ,16 de maio, os alumnos do 1º ciclo de Ed. Primaria visitamos a granxa Casa Grande de Xanceda. Alí explicáronnos como xurdiu esta granxa  familiar bio-ecolóxica, preto de Ordes na cal coidan de máis de 300 vacas. Coa  leite  que producen elaboran diversos produtos lácteos ¡muuuy ricos e sans!

Ademais de visitar os diferentes espazos de produción  da granxa, visitamos algúns dos terreos que posúen onde nos ensinaron porque son unha granxa ecolóxica e bio. Alí descubrimos as diferentes casas niño, as colmeas, a eco- horta e o eco zoo onde desfrutamos dos animais e fixemos un taller para axudar a coidar a biodiversidade do rural e respectalo medio ambiente.

Foi unha xornada  diferente na que aprendemos muuuitas cousas novas para poñer en práctica nas nosas casas!

POBO AVENTURA 2024

Os cursos de  3º e 4º tivemos  saída de fin de curso a Pobo Aventura (Teixeiro). Desfrutamos dunha xornada onde puidemos aprender cousas dos nosos ancestros, realizamos unha ruta de sendeirismo pola senda do río onde nos deron pautas para o coidado e conservación do medio natural. Ademáis realizamos unha xincana con eco-xogos, tiro con arco… rematamos a xornada cun baile moi divertido como bos “poboaventureiros”.

LETRAS GALEGAS!

Luísa Villalta, máis ca unha poeta

Como cada 17 de maio conmemoramos o Día das Letras Galegas, así como ao autor homenaxeado, este ano dedicado a Luísa Villalta.

Dende o colexio levamos a cabo diferentes propostas educativas nas que se abordou a vida e obra de Luísa Villalta e a importancia do galego. Entre elas podemos destacar un retrato da autora homenaxeada coa técnica do collage por parte do alumnado de infantil, a elaboración dun libriño en miniatura dos nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de primaria ou diversas actividades en cooperativo como un resumo plasmado nun mural sobre o libro «Alma de violino» de 4º, 5º e 6º.

EXCURSIÓN 1º E 2º ESO

Os pasados días 8, 9 e 10 de maio o alumnado de 1º e 2º de ESO, desfrutou da saída de fin de curso polas comunidades de Galicia, Asturias e Cantabria.

Tras saír do noso cole moi cedo, realizamos a primeira parada na praia das Catedrais, onde grazas ao bo tempo que nos acompañou en toda a saída puidemos desfrutar dun paseo pola area e introducirnos nas fermosas covas que conforman a paisaxe. Logo disto e dunha breve parada para comer, dirixímonos ás covas de El Soplao para introducirnos nesta fermosa creación xeolóxica de miles de anos a través dunhas antigas vagonetas.

Tras esta primeira xornada chegou o prato forte, a visita ao Parque da Natureza de Cabárceno, onde acompañados por unha guía, fomos visitando todos os animais que alí habitan e coñecendo moitas curiosidades sobre os mesmos, incluso nos sacamos fotos con eles! Tras un gran día en Cabárceno tivemos un tempo libre no bonito pobo medieval de Santillana del Mar.

O último día da excursión foi tamén moi intenso e especialmente prehistórico, xa que visitamos a cova de Altamira vendo as obras de arte que os nosos antepasados deixaron plasmadas no teito da cova e logo dunha pausa para a comida, rematamos a excursión asistindo ao Museo Jurásico Asturiano, onde aprendemos unha chea sobre estes animais que habitaron o noso planeta fai millóns de anos coa axuda dunha guía.

APÍPOLIS

O venres pasado realizamos a saída de fin de curso a Apípolis. Alí, tivemos a oportunidade de converternos en apicultores e descubrir curiosidades sobre as abellas. Fixemos diferentes obradoiros como a elaboración de galletas de mel, a extracción de mel dos panais ou a creación dunha bela coa cera que fabrican as propias abellas; mais, un dos momentos máis emocionantes foi a visita ao apiario, onde cada un dos nenos e nenas se vestiu co traxe de apicultor.

As risas  e o entusiasmo estiveron presentes durante todo o día!

Gozamos dunha xornada formidable!

Érase unha vez… O corpo humano!

Érase unha vez… O corpo humano!

Un complexo mecanismo, perfectamente sincronizado, compón a través dos sistemas o corpo humano.

Ao longo desta situación de aprendizaxe os alumnos de quinto levaron a cabo un proceso de investigación para determinar que elementos do noso entorno poderían representar de forma máis real os principais órganos dos diferentes sistemas.

Aínda que a labor foi ardua, non podemos estar máis que satisfeitos co resultado do noso alumnado.

Aprender tamén pode ser divertido!!😜

Once upon a time… The human being!

A complex mechanism, perfectly syncheonized, makes Up the human body through the systems.

Throughout this learning situation, fifth grade students carried out a research process to determinate which elements of our environment could represent more realistically the main organs of the different systems.

Although the work was hard, we cannot be more than satisfied with the results of our students.

Learning can be fun too! 😜