Xa se pode consultar a información sobre o proceso de admisión para o vindeiro curso 2017-18 no apartado ADMISIÓN ALUMNOS.
«Cousas» de Castelao
Os rapaces de 3º e 4º de ESO do colexio A Milagrosa asistiron ó espectáculo teatral e literario de Os Quinquilláns e a Editorial Galaxia. Este venres día 17 de febreiro e no Auditorio Municipal de Ribeira desfrutaron da obra ideada a partir do libro «Cousas» de Afonso Daniel Rodríguez Castelao.
Nesta proposta teatral inténtase ser fiel ao mesmo espírito co que Castelao creou as cousas, eses pequenos relatos que ilustraba cun debuxo. Na esencia da obra está a sociedade galega, o retrato dunha época que está afastada no tempo, pois trasládanos aos anos vinte do século pasado.
A montaxe provoca en moitos momentos o riso, posto que Castelao manexaba coma ninguén a retranca, a comedia, a farsa, pero tamén está moi presente a tristura e a traxedia, sentimentos variados que se desprenden das páxinas da obra e tamén da representación teatral. A través destas breves narracións consegue expresar a realidade esencial do pobo galego.
Fotografías e video cedidas pola Editorial Galaxia.
Animación á lectura en Primaria
Deporte Intercentros
O pasado día 17 de febreiro o noso alumnado tivo unha nova xornada de deporte escolar no polideportivo municipal da Fieiteira, onde disfrutaron de diferentes deportes xuntos cos compañeiros e compañeiras do colexio CEIP O Grupo. Un día máis, todos o pasaron en grande compartindo unha xornada de actividade física, a cal rematou cunha gran partida multitudinaria de brilé, que serviu tamén para coñecer a nenos e nenas do colexio de O Grupo, así como promover os valores do deporte como respecto, igualdade e compañeirismo.
Proxecto multicultural: Rusia
Os alumnos de 6º de Infantil, participamos no proxecto multicultural, traballado por todo o alumnado do colexio: Rusia.
A semana pasada puidemos contar coa presenza de Yulia Smirnov, nativa de Rusia e nai dun alumno da clase que nos expuxo unha ponencia con power-point, que resultou moi atractiva e adaptada á idade dos nenos. Así puidemos coñecer un país xigante, cunhas catedrais preciosísimas, as súas xentes , grandes lectores, e moi detallistas… Os nenos amosáronse moi atentos e aprenderon moito deste impresionante país.
Saída a Padrón

Os alumn@s do 3º ciclo de primaria visitan Padrón.

Como complemento á visita do Gaias ( O centenario dun Nobel) e a proximidade do aniversario de Rosalía ( 180 anos o vindeiro 24 de febreiro) acercámonos a Padrón para coñecer máis polo miúdo a vida e obra destes dous persoeiros do mundo da cultura galega con dimensión internacional.
Kahoot en clase!
Dentro de las nuevas herramientas que están sugiendo en educación nos encontramos con la gamificación. Permitir que el juego entre en las aulas.
Y en eso estábamos tan concentrados en clase de natural realizando un Kahoot, un juego tipo Quizz para repasar la lección de los animales.
¡Lo pasamos en grande!
«Noche de henna»
Los alumn@s de 6º nos hemos adentrado en la cultura hindú. Celebramos lo que allí se conoce como la “Noche de la Henna” donde hombres y mujeres pintan sus manos y pies con henna y y en esa reunión se instruye a las novias para su futura vida de casada.
La henna es un polvo de hojas secas procedentes del arbusto “lawsonia Inermis”.
El significado de esas pinturas es promover la suerte y fertilidad, al igual que protegerse de los malos espíritus y del diablo.
Nos hemos vestido con el “sari” pieza muy utilizada por las mujeres y los turbantes en los hombres,pintamos nuestras manos…
Alrededor de una mesa , simulando un banquete, hemos pasado una jornada muy divertida.
Día da Paz
O día 30 de xaneiro celebramos como cada ano o Día da Non Violencia.
O obxectivo é concicenciar aos nosos alumn@s da importancia de convivir en paz dentro e fóra do entorno escolar, de aprender a resolver os conflitos mediante o diálogo e a inclusión de tod@s.
Este ano dende 4º de Educación Infantil ata 4º da E.S.O os nosos alumn@s elixiron a un alumn@ por clase que reunirá as cualidades de pacificador. Actividade que resultou moi gratificante e que servirá para tomar como exemplo por parte dos outros alumn@s.
Ao longo de esa semana as etapas de E.P e a E.S.O xogaron ó que coñecemos como “Liga da Paz” na que quedaron como gañadores os alumn@s de 5º de E.P. e 3º E.S.O respectivamente.
Visita a Vigo
O alumnado de 3º e 4º da ESO estivemos a semana pasada en Vigo para disfrutar do teatro e da ciencia. Pola mañá asistimos á representación da obra de Federico García Lorca «La casa de Bernarda Alba», unha traxedia rural ambientada nun pobo andaluz de Granada e cargada dun forte simbolismo, onde só aparecen personaxes femininos que reflexan a vida da época e tratan temas tan diversos coma o amor e o odio, as aparencias, a envexa ou os cartos.
Ao rematar fomos ao centro comercial Gran Vía, onde pasamos unhas horas de lecer para despois acudir a unha visita ao Centro Interactivo de Educación Ambiental Naturnova.
Os rapaces puidemos, a través de módulos interactivos, explorar moitos e variados temas de forma activa e lúdica. A información presentouse mediante imaxes virtuais, obxectos, olores, recreación de ambientes…





























![image[1]](https://www.milagrosaoleiros.com/wp-content/uploads/2017/01/image11-e1485873273818-300x225.jpg)

![image[2]](https://www.milagrosaoleiros.com/wp-content/uploads/2017/01/image2-e1485873218950-300x225.jpg)
![image[3]](https://www.milagrosaoleiros.com/wp-content/uploads/2017/01/image3-e1485873110722-300x225.jpg)


