AFONDANDO NA ETNOMUSICOLOXÍA

 

DSC_0325 DSC_0324
Os rapaces de segundo da ESO levamos varias sesións traballando a organaloxía musical.
Analizamos o timbre, as características e a clasificación dos diferentes instrumentos.
A través do visionado de distintas obras puidemos ver como cohesionaban co resto da orquestra.
_20190126_154205DSC_0317
Pero máis sorprendente foi descubrir aqueles instrumentos propios doutras culturas, e traballar a etnomusicoloxía dos diferentes continentes.
Puideron observar e experimentar con instrumentos procedentes de México, Tailandia e incluso África.
Perderon o medo e animáronse a sacarlle algunha nota aos instrumentos.
DSC_0318DSC_0320

CONCERTO NA AULA 

 

DSC_0372DSC_0370
Os alumnos de segundo seguimos disfrutando de clases diferentes.
Esta semana, e aproveitando que estábamos traballando os aerófonos de vento madeira, puidemos presenciar un concerto en directo.
Grazas á colaboración de Alexandra, que nos deleitou cun Estudo clásico e con varias bandas sonoras moi coñecidas, como «A guerra das galaxias» ou «Mary Poppins», puidemos beneficiarnos da experiencia de escoitar música en directo.

Día da Paz

IMG-20190206-WA0001[1] (1)

Ilusión, respecto, bicos, humildade, diálogo, empatía, perdón… Son algúns dos ingredientes da receita para conseguir a paz que, simbolicamente, os alumnos do Colexio compartían no día do 30 de xaneiro: o día Escolar da Non Violencia e a Paz. Un día cargado de simbolismo e que serviu como colofón final ao traballo que dende había semanas se estaba levando a cabo coas titorías, amosando a importancia da Paz.  Un tempo de preparación para esta xornada que serviu para captar a mensaxe de non violencia e coñecer de cerca o gran valor e o significado da palabra PAZ.IMG_20190130_162012

IMG_20190130_163306

No acto  de cada etapa,  unha cociñeira mesturaba e remexía os ingredientes, que cada un dos alumnos poñían na pota. Para logo cociñalos a lume lento  no  forno do corazón, onde saiu un irresistible biscoito da Paz .O acto incluíu tamén a lectura dun manifesto e a interpretación dunha canción por parte de alumnos e profesorado: «RECEITA DE PAZ» ou «SOMOS» dependendo da Etapa.

IMG-20190206-WA0003[1]

 Así mesmo tamén se entregaron os diplomas aos campións e subampións  da Liga da Paz dos ciclos da Primaria e da ESO.

IMG-20190205-WA0001[1]

CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS

 

    Os profesores e PAS do colexio recibimos un curso sobre a reanimación cardiopulmonar para que poidamos actuar de forma eficaz ante un problema ou accidente. Por iso é tan importante saber que facer, antes da chegada da ambulancia.

        O pasado martes 22, o equipo docente xunto as PAS do colexio, fomos formados en técnicas de reanimación por fallo cardiopulmonar pola doutora do servizo de urxencias  do Hospital do Barbanza:Pilar Teijeiro.

  O curso empezou cun PowerPoint  coa información teórica de cómo se debe  identificar e reanimar, para seguir coa parte onde máis se aprende, a práctica. Consiste en facer a reanimación a un boneco coa axuda de mascarillas.

        O fallo cardiopulmonar, é unha afección que pode producirse a calquera idade, e desta forma, os  nosos docentes poderán dispoñer de coñecementos básicos na reanimación ata que chegue o persoal médico especializado, podendo así salvar a vida do alumno.

IMG_9034IMG_9033

Campo a través Intercomarcal

Marta

O pasado día 25 de xaneiro tivo lugar a fase intercomarcal da carreira de campo a través, en Porto do Son. Alí o noso cole tivo unha formidable representación da man de Marta Muñiz, alumna de 3º de primaria e María Muñiz e Telmo Reino de 5º de primaria. Os tres lograron unha moi boa marca, chegando incluso Marta a clasificarse para o campionato provincial en Noia. Darlle a noraboa tanto ós nosos alumnos coma ó resto de participantes por desfrutar dunha xornada de deporte ó aire libre e cun moi bo ambiente.

TelmoMaría

SOÑOS  NUNHA MALETA

DSC_0242DSC_0282

Natureza, Música, Deporte,… Centos de soños e paixóns enchen as mentes e os corazóns da xente.
Ao longo de toda unha semana e coa axuda da dinámica da Maleta, os alumnos de 4* de Primaria foron presentando aos seus compañeiros aqueles obxectos que os representan e que son significativos para eles.
DSC_0298
Deste xeito, poñendo moita atención e interese ás súas exposicións fortalecemos eses lazos que nos unen como compañeir@s e que nos permiten forxar amizades máis duradeiras.
DSC_0245
DSC_0278

VISITA A SANTIAGO

IMG_8225
Os alumnos de 5º e 6º de EP visitaron Santiago para disfrutar dun día cheo de actividades.
Asistiron á obra de teatro en inglés para mellorar a súa escoita e comprensión nesta lingua.

Visitaron a catedral e o casco histórico da cidade.

IMG_8223IMG_8234

 

Traballaron en cooperativo para adentrarnos no Museo do Pobo Galego e coñecer as nosas raíces e a figura de Antón Fraguas, a quen este ano estará adicado o Día das Letras Galegas.

IMG_8242

Deporte escolar

O pasado día 16 de xaneiro o noso alumnado tivo a primeira xornada de deporte escolar no polideportivo municipal de A Fieiteira, onde desfrutaron de diferentes deportes xuntos cos compañeiros e compañeiras do colexio Bayón. Un día máis, todos o pasaron en grande compartindo unha xornada de actividade física, que serviu tamén para coñecer a nenos e nenas do colexio Bayón, así como promover os valores do deporte como respecto, igualdade e compañeirismo.

321

UNHA TARDE COS AVÓS NA ESCOLA


IMG_0348
Hoxe vivimos una tarde diferente nas nosas aulas. Carmen, Virginia e Juan viñeron visitarnos e contáronnos as súas vivenzas como estudantes, xogos da súa infancia, anédoctas de xuventude…e sobre todo que ,sen  esforzo non se consegue nada.
Puidemos compartir con eles as nosas inquedanzas ,contestaron as nosas preguntas e incluso puidemos escoitar unha canción moi fermosa e emotiva que interpretou un deles.
Agardamos  que pronto se  volva repetir!

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.