A nova promoción de magos e bruxas percorreu o corredor do colexio moi ilusionada. Antes de entraren, agardábaos unha pequena sorpresa. Unha bandada de curuxas esperábaos cunha carta para cada un deles.
Dentro do sobre, un billete de tren que lles indicaba por onde atravesar o Andén 9-3/4 e unhas coordenadas para atopar o seu asento.
Unha vez acomodados, comeza o novo curso.
Trala Cerimonia de Selección, o Sombreiro Seleccionador foilles indicando se serían leais Hufflepuffs, intelixentes Ravenclaws, ambiciosos Slytherins ou valentes Gryffindors.
Os novos alumnos comezaron con afán e xa sumaron os primeiros puntos no noso marcador.
BO CURSO, RAPACES!!! 
⚡
Novas cores no patio!
Estamos felices nos primeiros días de curso!
LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS ESO
A continuación pode consultar a listaxe definitiva de libros de texto correspondente ao fondo de libros, no apartado de AXUDAS LIBROS.
Feliz inicio de curso!
LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS ESO
A continuación pode consultar a listaxe provisional de libros de texto correspondente ao fondo de libros, no apartado de AXUDAS LIBROS.
LISTADO LIBROS DE TEXTO CURSO 2019-2020
No seguinte enlace podedrá aceder á listaxe de libros de texto para o vindeiro curso:
LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS PRIMARIA
A continuación pode consultar a listaxe definitiva de libros de texto correspondente ao fondo de libros, no apartado de AXUDAS LIBROS.
LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS PRIMARIA 2019/20
A continuación pode consultar a listaxe provisional de libros de texto correspondente ao fondo de libros, no apartado de AXUDAS LIBROS.
Broche de ouro para finalizar o curso
Este ano rematamos o curso celebrando a entrega do 2° Premio de Poesía do Concurso do Centro Recreativo de Artes a unha alumna de 1° da ESO: Carmen Yuan .
Con este, xa van 6 premios externos ao centro que recaen nos nosos rapaces e rapazas.
Recordemos a:
-Iria Paz (5° Primaria), 1° Premio Concurso Infantil de Pintura cun debuxo que ilustrou os carteis do Nadal polo concello de Ribeira.
-Rocío Valiño (5° Primaria), 1° Premio III Concurso Literario de Ed. Primaria dos CVE de España Norte sobre o valor da Esperanza cun poema.
-Grupo de Audiovisuais 4º ESO: 1° Premio III Certame de Curtas Alberto Romero, coa obra » Tormenta mental» dirixida e producida por Hugo Fontaíña e protagonizada por Xián Vila.
-Carmen Yuan, 1° Premio XIII Concurso de Poesía Francisco Añón.
-Lidia Brión (6° Primaria), 1° Premio do Concurso do concello de Ribeira para celebrar o Día das Letras Galegas cunha banda deseñada.
-Carmen Yuan, 2° Premio V Concurso de Poesía Centro Recreativo de Artes.
Por iso, queremos rematar o curso felicitándoos e desexándovos a todos un moi bo feliz verán!!



















