ALUMNADO NOVO INGRESO
O vindeiro xoves 27 de xuño ás 17:00 horas, terá lugar a reunión informativa coas familias dos alumnos de novo ingreso para formalizar matrícula para o curso 2019-20.
Aquelas familias que non poidan asistir, pódense poñer en contacto co centro, e proceder á formalización noutro horario.
XIII Concurso de Poesía Francisco Añón
EXHIBICIÓN DA POLICíA NACIONAL
VISITA AO CIFP COROSO
Cesta solidaria!!!
Xa temos no colexio a Cesta Solidaria de Fin de Curso!!! Este ano ten moitos agasallos: xogos, un balón de fútbol, queixo, marmelada, viño, chuches… Se queres participar, achégate a portería. Precisas 1€, elixes un número e anotas o nome d@ alumn@ e o seu curso. O sorteo terá lugar o día do Festival de Fin de curso. Os fondos recadados irán destinados aos proxectos misioneiros das Fillas da Caridade.
Non quedes sen participar!
Maio, mes de María
Luís Seoane
HORARIO XUÑO
O vindeiro luns 3 de xuño, comezará a xornada única de mañán, polo tanto a hora de entrada será ás 9:00 e a de saída ás 13:50 ( os que solicitaron servizo de comedor sairán na hora acordada). Os usuarios de transporte escolar deberán estar nas paradas 30 min antes do habitual.
Excursión Educación Infantil
O xoves 23 de maio os rapaces de 5º e 6º de Infantil fomos de visita ao acuario do Grove.
Alí disfrutamos vendo as distintas especies acuáticas e incluso puidemos tocar algúns coma o ourizo e a estrela de mar, e como curiosidade puidemos ver como un mergullador alimentaba e xogaba cos peixes coma se foran mascotas o que nos gustou moito e emocionou. Os nenos tamén participaron nun obradoiro de pesca que lles resultou moi entretido e educativo.
Como remate da excursión subimos ao tren turístico do Grove que nos levou a visitar a Illa da Toxa e disfrutar da súa bonita paisaxe.