Este ano tocounos ser máis responsables que nunca e estámolo facendo moi ben. Todos nos felicitan porque mantemos as distancias xogando, merendando e aprendendo, e iso fai que esteamos contentos.







Este ano tocounos ser máis responsables que nunca e estámolo facendo moi ben. Todos nos felicitan porque mantemos as distancias xogando, merendando e aprendendo, e iso fai que esteamos contentos.
Un ano máis no mes de outubro comezou o acompañamento do auxiliar de conversa aos profesores de Lingua estranxeira e da materia de Science.
Jonny Clark, procedente de escocia, impartirá tamen na hora extraescolar as clases de conversa dende 6º de E.P. ata 4º da ESO
Este ano como novidade incorporaranse a esta actividade os alumnos de 6º de E.I.
O día 19 de outubro achegamos á nosa memoria a todas aquelas mulleres cheas de coraxe, valentía e esperanza que nun determinado momento da súa vida tiveron que loitar por vencer á enfermidade, mulleres valentes co único obxectivo de saír mais fortes e victoriosas desta loita.
O Domund do 2020 arranca co lema: «Aquí estou, envíame» e chámanos a colaborar. Este ano cobra especial sentido na crise sanitaria da Covid-19. Non é só colaborar coa Misión, senon participar nela. Lembra: con pequeños feitos, conseguiremos grandes logros.
Nestes tempos que vivimos de pandemia e incertidume, preséntasenos obstáculos no camiño, pero que estes nos sirvan como oportunidades para reinventarnos dende a prudencia e a responsabilidade. Que nos axuden a coller impulso para ser testemuñas do Ser Vicenciano que nos identifica.
Feliz día de San Vicente dende a Comunidade Educativa!!
A consellería transmítenos a decisión de modificar as datas de comezo de curso na etapa da ESO. Quedan da seguinte maneira:
1º e 2º da ESO: 23 de setembro
3º da ESO: 24 de setembro
4º da ESO: 25 de setembro
FONDO LIBROS ESO
Publicado no taboleiro do interior do colexio a listaxe definitiva de admitidos no fondo de libros de texto de ESO: Cada familia recibirá un correo electrónico na plataforma EDUCAMOS, coa información dos libros asignados. Estes libros serán entregados aos alumnos cando se inicie a xornada lectiva.
Según o artigo 13 bis da Orde do 12 de maio, as listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.
Publicado no taboleiro do interior do colexio a listaxe provisional de admitidos no fondo de libros de texto da ESO. Todas as solicitudes resultaron admitidas e o reparto de libros dependerá da renda per cápita familiar e das existencias do centro.
Antes do 14 de setembro publicarase a listaxe definitiva na que se indicarán os libros que lle corresponden a cada alumno.
Según o artigo 13 bis da Orde do 12 de maio, as listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.
Está á disposición das familias, na plataforma EDUCAMOS (en avisos), a información necesaria para coñecer como será o inicio de curso en cada etapa. Aquelas familias de nova incorporación que aínda non son usuarios da plataforma recibirán a información a través do seu correo persoal.