
Una ano máis participamos na campaña de Mans Unidas co obxectivo de por un gran de area en construir un mundo máis igualitario.
O bocata solidario fixo que disfrutáramos dunha tarde de xogos e convivencia .

Unha das tarefas propostas para o alumnado de 3º ESO no Plan Lector deste curso, foi a realización dun lapbook sobre a novela de Ricardo Gómez “O cazador de estrelas”.
Canda o protagonista Bachir, aprendemos valores coma o optimismo e a esperanza. Coñecemos tamén da man do narrador os costumes e tradicións saharauís… o té, a henna, a historia oculta da guerra polo territorio ocupado… A provincia 51.
Logramos comprender que a pesares das dificultades, por riba das nubes, hai un millón de estrelas.
Hoxe é un día especial para todas as mulleres e dende o cole quixemos representar a diversidade en todos os ámbitos laborais. Durante toda a semana os alumnos achegaranse dende as diferentes materias a mulleres que foron un referente para o avance da sociedade.
Os máis pequenos personalizaron este día co marabilloso mundo da ilusiòn , onde as nais se converteron en verdadeiras fadas e heroínas.
Xa se pode consultar a información sobre o proceso de admisión para o vindeiro curso 2021-22 no apartado ADMISIÓN ALUMNOS.