SANTA LUISA

Un ano máis visitamos a capela do colexio para conmemorar o día da cofundadora das Fillas da Caridade.

Orgullosos de pertencer á Familia Vicenciana percorremos as súas obras e enfrascámonos dos valores que ela nos ensinou e que nòs estamos a aprender para facer un mundo máis xusto.

FESTA DA PRIMAVERA

A semana pasada tivemos un día especial: celebramos a “benvida da primavera”. As tres aulas de infantil, seguindo todas as medidas derivadas do protocolo COVID-19, desfrutamos dunha merenda campestre, observamos e identificamos os cambios estacionais na contorna, visualizamos unha mostra de danza realizada por un grupo de alumnas de 4º de cuarto de educación primaria, xogamos, rimos e gozamos da compañía dos compañeiros/as de aula.

APRENDER A SER

Os alumn@s de 6º de E.P. participaron nas charlas organizadas por “Renacer” nas que se traballa o coñecemento dun mesmo, as emocións, empatía..

cun resultado moi positivo por parte do alumnado.

STA LUISA DE MARILLAC

Hoxé e un día especial para a Comunidade Vicenciana. Por iso non nos olvidamos da muller que con cariño, dedicación e servizo, ensinounos o camiño a seguir na atención aos pobres. Que ela nos guíe no servizo que realizamos. Feliz día de Santa Luisa de Marillac!

O PARACAÍDAS !

Os pequenos do colexio disfrutaron moito xogando na clase de psicomotricidade do venres. Tiveron o seu primeiro contacto co paracaídas, con el  traballaron conceptos como arriba-abaixo, rápido-lento, o traballo en equipo…Xa que é moi importante o xogo e a implicación directa dos nenos para lograr a aprendizaxe.

Pasárono xenial !!

Obradoiro de Arte Precolombina

O alumnado de 3º da ESO, coa finalidade de coñecer máis de preto as obras artísticas realizadas no continente americano antes da chegada dos europeos, participou dende a materia de Xeografía e Historia nun obradoiro de arte precolombina.  

A investigación centrouse, en concreto, na zona de Mesoamérica, berce das culturas maia e azteca, e na dos Andes Centrais, é dicir, Perú e algunhas zonas de Bolivia.  

STICKS DE RECICLAXE

En educación física o alumnado de 3º de primaria estrenou os seus sticks de floorball de creación propia! Deste xeito traballamos aspectos como a reciclaxe ou a educación para o consumidor mentres desfrutan deste deporte alternativo. Encantoulles!!