Os alumnos de 1º e 2º de primaria visitan o hipermercado Gadis, a praza e a biblioteca .

O día 15 de febreiro realizouse no estadio municipal Julio Mato “Matito” a carreira intercomarcal de campo a través onde participou o alumnado do noso colexio clasificado na carreira de campo a través en Ribeira.
Desta volta volveron a conseguir uns moi bos resultados gañando a proba por equipos na categoría benxamín masculino composto por Breixo López Millares, Juan Pardavila González, Nicolás Millán Sampedro, Ángel Martínez Lijó, Telmo Martínez Vila e Xabi Fernández Otero. Na categoría infantil feminina a alumna Lara Abelleira Gómez tamén se clasificou para a seguinte fase. Todos estes alumnos acudirán á proba da carreira provincial de campo a través que se realizará na cidade de Ferrol o 17 de marzo.
Os días 7, 8, 9 e 10 de febreiro os alumnos da ESO desfrutaron duns inmellorables días no pobo de Villablino e na Estación de Esquí de Leitariegos. Alí tiveron clase de esquí con monitores, grazas aos cales aprenderon a desenvolverse neste medio tan novidoso para todos eles.
Tamén realizamos unha visita ao Centro de Interpretación do Urogallo, onde coñecemos un pouco máis esta especie en perigo de extinción, a vida do oso pardo e a flora autóctona do lugar.
Agradecemos dende o centro a implicación e o trato recibido dende o Albergue Superior Francisco Giner de los Ríos, onde dispuxemos de todas as comodidades e facilidades para desfrutar desta saída ao medio natural.
Como cada 30 de xaneiro reunímonos dende a etapa de infantil ata a ESO para conmemorar o día da non violencia.
Este ano levamos na nosa MOCHILA DE PAZ todo aquilo que fai que a convivencia sexa máis doada e feliz
Os sinais de STOP e OBRIGACIÓN dirixían o camiño que debemos seguir para conseguir os nosos obxectivos.
O pasado venres 27 de xaneiro o alumnado dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º participaron na carreira de campo a través “VI Memorial Vicente R. Fernández García” no estadio municipal Ana Peleteiro (A Fieiteira), alí xuntámonos con máis de 1500 nenos e nenas doutros colexios para desfrutar dunha gran xornada de deporte ao aire libre facendo diferentes recorridos por dentro do estadio e tamén no monte ao lado do mesmo.
Aínda que o importante é participar e pasalo ben os seguintes nenos e nenas clasificáronse para participar no campionato intercomarcal de campo a través, que se celebrará o próximo 15 de febreiro en Noia.
3º EP: Breixo López Millares, Juan Pardavila González, Nicolás Millán Sampedro e Ángel Martínez Lijó.
5º EP: Ezequiel Martínez Hermo e Álvaro Lijó Mariño.
6º EP: Lara Abelleira Gómez e Simón Ageitos Somoza.
MOITA SORTE PARA A SEGUINTE PROBA!