Pastoral de La Milagrosa de Oleiros (pastoralmilagrosaoleiros.blogspot.com
BOCADILLO SOLIDARIO, UN PEQUENO XESTO, UNHA GRAN AXUDA.
O pasado xoves, coma todos los anos e coincidindo co tempo de Coresma, celebramos no colexio o día do «Bocadillo Solidario». Unha actividade que ten coma obxectivo colaborar coa campaña de Mans Unidas. Ao longo da semana traballamos sobre a importancia da nosa colaboración e axuda cos que menos teñen.
Foi unha xornada de convivencia na que alumnos e profesores fixemos un «picnic» nun entorno incomparable, o Dolmen de Axeitos.
Gracias a todos pola vosa colaboración!!



“A lingua de signos é unha danza coas palabras” Marlyn Daniels
A equidade e a inclusión son dous principios fundamentais sobre os que se asenta a Educación. Co obxecto de sensibilizar ao alumnado de Educación Infantil e favorecer unha aprendizaxe universal adaptada á diversidade dos cativos, achegamos aos nenos e nenas á lingua de signos a través dunha canción asociada as rutinas de aula. Os pequenos desfrutaron do proceso de aprendizaxe dende unha perspectiva lúdica e vivencial, coñecendo un novo instrumento de comunicación que permite integrar a pluralidade do alumnado que conforma as nosas aulas dende a empatía e a concienciación.
«Sen igualdade non hai futuro»
Como cada ano, dende o colexio celebramos o Día Internacional da Muller cunha axenda repleta de actividades destinadas a sensibilizar a toda a comunidade educativa do papel da muller.
As nosas fiestras foron soporte de todas as mulleres importantes que, grazas ao seu traballo, deixaron unha pegada ao longo da historia.
Os nosos corazóns abríronse para dar cabida ás mulleres que deixan unha marca significativa en cada un de nós.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
O 23 de febreiro o alumnado das tres etapas recordaron o papel destacado que tivo Rosalía para a nosa literatura e sociedade. Muller precursora e valente no seu tempo que loitou polos seus ideais.
As diferentes etapas traballaron a súa vida e obra recordando os seus principais poemas en diferentes estructuras e deseños gráficos.
BASURALEZA
TEATRO: «THE SWORD IN THE STONE»
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-24
Xa se pode consultar a información sobre o proceso de admisión para o vindeiro curso 2023-24 no apartado ADMISIÓN ALUMNOS.
ECOPREGUNTOIRO
Os alumnos de sexto de primaria participaron no programa de Radio Voz que ten como obxectivo concienciar aos alumnos da importancia de reciclar.
Nesta primeira fase resultaron gañadores nunha ronda de preguntas permitindo o seu paso á seguinte. Ao mesmo tempo elaboraron e presentaron un audio cun Ecoconsello para mellorar o medioambiente.

“Os hippies inundaron as rúas de Oleiros”.
Desde o colexio comezamos a quentar motores para estes días de festa! Unha divertida viaxe no tempo con pasarrúas que finalizou no centro social da parroquia con varios espectáculos: desfiles, bailes e momentos de entretemento.
As ganas de gozar do entroido e o bo tempo axudaron a que a nosa multicolor caravana brillara aínda máis!
Un desfile que contou co apoio da Policía Local no control do tráfico e de Protección Civil.






