Informamos que o vindeiro venres 2 e tamen o 16 de maio 2014 , non serán lectivos, por ser os días solicitados polo Centro no comezo do curso, e autorizados pola Consellería, tal como recolle o calendario escolar do curso 2013-14.
DÍA DO LIBRO, 23 de abril
O 23 de abril celebrouse o DÍA DO LIBRO.

4º da ESO foi convidado polo concello no Auditorio Municipal á representación da compañía UT-Tópico Teatro coa súa obra «Antiheroica».
Esta obra é unha peza de creación contemporánea onde se mesturan os xéneros dramáticos: a morte, a herdanza, a soidade e o tempo son algunhas das claves universais e eternas sobre as que se constrúe esta historia.
Ao remate da función, puidemos compartir con actores e directora unha charla para coñecer mellor o seu traballo.
Teatro en Secundaria
O luns 24 de marzo, todos os alumnos de Secundaria do noso colexio, decidiron saír da rutina e visitar lugares de interese da nos aterra descoñecidos para eles ata o momento.
A pesar do gran madrugón e do día tan chuvioso que tiveron, non faltaron risas, compras e sorpresas.
O primeiro que fixeron foi acudir a ver a representación da obra “Dr. Jekyll e Mr. Hyde”, unha obra chea de misterio, fantasía, medo…, que en ocasións fixo tremer ós asistentes.
Logo, no descanso, desprazámonos ata o centro comercial “As Cancelas” onde puidemos disfrutar dun tempo de lecer e repoñer novas forzas para as actividades da tarde.
Para rematar o día, tomamos rumbo ó Pazo de Oca, onde todos quedaron asombrados con semellantes xardíns e tentaron resolver algunha proba dentro do Laberinto.
Aínda que o tempo non acompañou dende a primeira hora da mañá, todos ou a maioría quedaron satisfeitos co que viran os seus ollos. Ó fin e ó cabo, saír do colexio a coñecer novos lugares non ven nada mal.
Festival da Canción Misioneira
Ao igual que en anos anteriores, o Coro do Colexio participou no XXIII Festival da Canción Misioneira, que tivo lugar o sábado 22 de Marzo no Colexio Sagrado Corazón de Castiñeiras.
Xunto con outros coros da provincia, os nosos alumnos presentaron a súa actuación “Color esperanza” de Diego Torres, que acadou grandes vítores entre os asistentes.
NÓS+OUTROS a diversidade enriquécenos
O Concello de Ribeira a través do seu departamento de Servizos Sociais, ofreceunos a posibilidade de participar nunha actividade moi interesante. Así, o grupo de 3º de ESO, puido coñecer aspectos como a realidade social do noso contorno máis próximo, recibir información sobre o papel e as función dos servizos sociais, ou mesmo nos explicaron como previr actitudes ou comportamentos segregacionistas.
A través de xogos coma os globos da diversidade ou as lousas, o pedagogo Santi Páramo axudounos a entender mellor como debe ser unha sociedade xusta construída entre todos.
Rematamos a mañá cun sorriso así de grande, pintado por nós.
Grazas Santi por vir!!!
LISTAXE DEFINITIVA
No apartado de ADMISIÓN DE ALUMNOS está publicada a listaxe definitiva de alumnos admitidos e non admitidos para o curso 2014-2015.
LISTAXE PROVISIONAL
No apartado de ADMISIÓN DE ALUMNOS está publicada a listaxe provisional de alumnos admitidos e non admitidos para o curso 2014-2015.
AXUDAS FORMACIÓN LINGUAS ESTRANXEIRAS
A Consellería de Educación acaba de anunciar no DOG do 27 de marzo, as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras e que van dirixidas a alumnos que cursan actualmente algún curso da ESO ou Bacharelato.
Os solicitantes ademais, deberán ter superadas todas as materias no curso 2012/13 e unha nota mínima de ben ou 6 na área de lingua inglesa.
Poden descargar o DOG neste enlace ou o cartel informativo.
«Día do bocadillo»
Como vimos facendo dende hai varios anos, o día 11 de marzo, fomos de marcha ata o dólmen para celebrar o “Día do bocadillo”.
Esta actividade forma parte da “Campaña contra a fame” que promove Mans Unidas.
Nela, participaron os cursos de 3º de EP ata 4º da ESO.
Camiñamos ata o Dolmen de Axeitos, os rapaces maiores axudábanlle ás titoras dos cursos de primaria cos nenos máis pequenos, xa que algúns era a primeira vez que ían.
Alí comemos o bocadillo e pasamos un tempo de lecer.
TALLER DE MÁSCARAS
Os alumn@s de tecnoloxía de segundo da ESO, con motivo do entroido, fixeron máscaras de papel maché no taller ,empregando fundamentalmente papel de periódico, cola branca e decorando con pintura e outros complementos. Tamén fixeron algunha de escaiola.
As máscaras pódense ver en galería.






























