AXUDAS FORMACIÓN LINGUAS ESTRANXEIRAS

A Consellería de Educación  acaba de anunciar no DOG do 27 de marzo, as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras e que van dirixidas a alumnos que cursan actualmente algún curso da ESO ou Bacharelato.

Os solicitantes ademais, deberán ter superadas todas as materias no curso 2012/13 e unha nota mínima de ben ou 6 na área de lingua inglesa.

Poden descargar o DOG neste enlace ou o cartel informativo.

CARTEL AXUDAS

 

«Día do bocadillo»

Como vimos facendo dende hai varios anos, o día 11 de marzo, fomos de marcha ata o dólmen  para celebrar o “Día do bocadillo”.

2014-03-11 13.10.46    2014-03-11 13.11.10

Esta actividade forma parte da “Campaña contra a fame”  que promove Mans Unidas.

Nela, participaron os cursos de 3º de EP ata 4º da ESO.

2014-03-11 13.17.11   2014-03-11 13.23.12

Camiñamos ata o Dolmen de Axeitos, os rapaces maiores axudábanlle ás titoras dos cursos de primaria cos nenos máis pequenos, xa que algúns era a primeira vez que ían.

2014-03-11 13.19.42   2014-03-11 13.36.09

Alí comemos o bocadillo e pasamos un tempo de lecer.

2014-03-11 13.44.11    2014-03-11 14.18.39

O león que non sabía escribir…

IMG_4981

O león e  a leoa.

O león que non sabía escribir… foi o conto que un grupo de alumn@s de 4º da ESO leu nunha pequena dramatización aos compañeiros de 1º de EP o venres 14 deste mes.

IMG_4982    IMG_4989

IMG_4983   IMG_4984

IMG_4985   IMG_4990

O mono, o hipopótamo, a xirafa, o crocodilo, o escaravello e o voitre axudan ao león a escribir unha carta para namorar á leoa.

Luciron unhas fermosas maquillaxes grazas á colaboración de Pilar, que realizou un magnífico traballo.

 

IMG_4986

       DSC_0850      DSC_0851

   DSC_0853      DSC_0856

                                      DSC_0852

DSC_0855   DSC_0854

DSC_0858   DSC_0859  DSC_0861

 

DSC_0857     DSC_0860

                                                             Foi un día moi entretido e os pequenos disfrutaron tanto coma nós.

IMG_5000    DSC_0866

 

 

 

 

 

Visita a AMICOS

Os días 12 e 14  de febreiro os alumnos do 3º ciclo de E.P. do colexio A Milagrosa visitaron a instalación da escola Amicos situada en Oleiros. O obxectivo foi participar no programa Integr@escola.

IMG_1409     IMG_1414

A participación dos alumnos foi moi boa e receptiva, puideron ver  in situ os atrancos cos que se atopan estes rapaces e non tan rapaces na vida cotiá. Tamén  disfrutaron das súas aulas e interactuaron con eles nas distintas actividades. Aprenderon a linguaxe de signos, percorreron un mini circuito para experimentar que sente un invidente, fixeron unha pequena entrevista  onde comprobaron  a importancia de ser pacientes e   dar confianza a aqueles que lles custa manexar a linguaxe.

IMG_1416

Foi unha experiencia moi enriquecedora para todos e que os nosos alumn@s calificaron  positivamente.

Un 24 de febreiro naceu Rosalía…

Hoxe enchemos a nosas redes sociais coas autofotos (selfies) do 2º ciclo da ESO con Rosalía.

Pasou o ano da conmemoración do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos e a Fundación Rosalía de Castro convidounos a todos a participar neste día co #euRosalia.

Aquí vos deixamos as nosas aportacións a este berro nas redes en @InstaLectura.

Nós e Rosalía.

Hugo

Abel  

BhPPpNoIEAAqcOEBhRMt6eIEAAwjCF


BhPPwY1IUAAqqBR                             BhPBshSCAAAitaV     BhPQSnEIMAESbOE

BhPB2_NIgAADBzn     BhO__wxCcAA-Qzf

 

BhPBavUCUAAFRkh      BhPAsBLCcAE-6CV

BhPALGzCIAAzSid  BhPA0XRIAAEYzn2

 

Santiago en febreiro…

O martes 11 de febreiro os cursos de 3º e 4º da ESO fomos a Santiago de Compostela.

IMG_1398IMG-20140219-WA0012

 

 

Tiñamos unha axenda moi apretada:

Comezamos ás 11:30 na Salle, onde disfrutamos dun musical a cargo do grupo catalán «Armónica Invisible»,  trio que nos fixo un percorrido pola música dos anos 50 aos 90.

IMG_1397

 

Cando rematou o concerto,  fomos andando ata a Catedral, para disfrutar da actividade «Tellados de Santiago», onde  vimos as cubertas. Espectacular!

DSC01239DSC01230

IMG-20140219-WA0006IMG-20140219-WA0002

 

 

 

IMG-20140219-WA0008 IMG-20140219-WA0004

IMG-20140219-WA0010

Logo o autobús deixounos nun centro comercial para comer e descansar un chisco e pola tarde ás 17:00 horas visitámolo MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia).  Alí recibiunos Emilio, que é da Pobra e fíxonos un resumo moi bo sobre as etapas que  viviu a educación.

DSC01254

Tivemos moi bo día, non nos choveu, algo a destacar xa que leva chovendo máis de dous meses.

Gravados de Rubens

Nunha visita ao Centro Cultural Lustres Rivas, puidemos disfrutar da exposición de gravados de Rubens.

Ali Padín acompañounos neste percorrido por unha  mostra moi interesante, explicounos as técnicas de gravado utilizadas polo artista, os temas e o seu simbolismo.

IMG_1320IMG_1319

 

 

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.